Rochas de Belogradchik

formación rochosa en Bulgaria

Coordenadas: 43°37′15″N 22°41′6″L / 43.62083, -22.68500

As rochas de Belogradchik (en búlgaro: Белоградчишки скали, Belogradchishki skali) son un conxunto de formacións rochosas de arenita e conglomerado que se atopan na zona occidental dos Balcáns (Stara Planina), preto da vila de Belogradchik, no noroeste de Bulgaria. As rochas varían de cor dende o vermello até o amarelo e algunhas delas chegan até os 200 m de altitude. Algunhas das rochas teñen asociadas lendas por mor das súas orixinais formas. Adoitan levar os nomes dos obxectos ou das persoas ás que se parecen. As rochas de Belogradchik foron declaradas espazo natural polo goberno búlgaro e son un dos principais destinos turísticos da rexión. Son o único hábitar por unha especie de planta endémica de Bulgaria, Hieracium belogradcense, que está seriamente ameazada.[1]

Rochas de Belogradchik.

Notas editar

  1. "Hieracium belogradcense". Red Book of Bulgaria, vol. I. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar