Robustiano Sánchez Vila

Robustiano Sánchez Vila, coñecido como El sapo, nado en Ponteareas en 1900 e finado en Valladolid en marzo de 1941, foi un político galego.

Infotaula de personaRobustiano Sánchez Vila
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Mortemarzo de 1941 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mecánico e serrador. Militante do PSOE e delegado de Traballo da Fábrica Candeira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Encartadao na causa 1.284/36 de Vigo por rebelión, foi declarado en rebeldía.[1] Entregouse en 1939. Foi xulgado en Vigo por auxilio á rebelión e condenado a prisión atenuada no seu domicilio. En decembro de 1940 foi levado ao Manicomio Provincial de Valladolid, onde morreu en marzo de 1941.

Vida persoal editar

Casou en 1928 con Genoveva Villar Táboas,[2] que logo do golpe de Estado foi detida e estivo presa en Ponteareas.[3]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 4-12-1936, p. 4.
  2. El Tea, 13-5-1928, p. 3.
  3. Martins Rodríguez, María Victoria (2011). "Cárceles y mujeres en Galicia durante el franquismo". Stud. hist., H.ª cont. (Universidad de Salamanca) (29): 87–117. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar