Robin Lopez

baloncestista estadounidense

Robin Byron Lopez, nado o 1 de abril de 1988 no barrio de North Hollywood da cidade dos Ánxeles (California), é un xogador de baloncesto estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros, e xoga na posición de pivote. É irmán xemelgo de Brook Lopez, elixido polos New Jersey Nets no mesmo draft, e actual xogador dos Brooklyn Nets. Ambos os dous son fillos dun emigrante cubano, Heriberto Lopez, e da estadounidense Deborah Ledford, que foi olímpica en natación.[1]

Robin Lopez
Milwaukee Bucks – No. 42
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 1 de abril de 1988 (36 anos)
North Hollywood (Os Ánxeles)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,16 m (7 ft 1 in)
Peso oficial 127 kg (281 lb)
Información da carreira
Instituto San Joaquin (Fresno)
Universidade Stanford (2006–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 15
Por Phoenix Suns
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Phoenix Suns (2008–2012)
New Orleans Hornets (2012–2013)
Portland Trail Blazers (2013–2015)
New York Knicks (2015–2016)
Chicago Bulls (2016–2019)
Milwaukee Bucks (2019–2020)
Washington Wizards (2020–2021)
Orlando Magic (2021–2022)
Cleveland Cavaliers (2022–2023)
Milwaukee Bucks (2023–presente)

Traxectoria editar

Universidade editar

Xogou durante dúas tempadas xunto co seu irmán nos "Cardinals" da Universidade de Stanford. Na súa primeira tempada fixo 7,5 puntos, 5,5 rebotes e 2,2 tapóns, liderando a Pacific Ten Conference nese apartado. Xunto co seu irmán, puxeron máis tapóns nunha tempada que 7 equipos da súa mesma conferencia.[2] Na súa segunda tempada fixo 10,2 puntos, 5,7 rebotes e 2,3 tapóns (2º da Pac-10). Foi elixido no mellor quinteto defensivo da súa conferencia.

En marzo de 2008, tanto el coma o seu irmán anunciaron a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[3] No total da súa traxectoria universitaria fixo 8,9 puntos e 5,6 rebotes por partido.[4]

Estatísticas editar

Ano Idade P MIN PTS REB ASIS PER A/P ROUB TAP FP %TC %TL %3P
2006-2007 18 31 24.0 7.5 5.5 0.9 1.5 0.63 0.2 2.4 2.3 .480 .545 0.00
2007-2008 19 36 24.5 10.2 5.7 0.6 1.8 0.33 0.5 2.3 2.6 .534 .652 1.000

Profesional editar

Foi elixido na 15ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Phoenix Suns, equipo polo que asinou contrato en xullo de 2008.[5]

O 27 de xullo de 2012, os New Orleans Hornets adquiriron a Lopez dos Suns mediante un sign-and-trade.[6]

O 10 de xullo de 2013, New Orleans traspasou a Lopez ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos que tamén incluía ós Sacramento Kings.[7]

O 9 de xullo de 2015, Lopez asinou cos New York Knicks.[8]

O 22 de xuño de 2016, Lopez foi traspasado xunto a José Manuel Calderón e Jerian Grant ós Chicago Bulls, a cambio de Derrick Rose, Justin Holiday e unha elección da segunda rolda do Draft de 2017.[9]

O 12 de xullo de 2019, Lopez asinou cos Milwaukee Bucks.[10]

O 22 de novembro de 2020, Lopez asinou cos Washington Wizards.[11]

Notas editar

  1. "Brook Lopez Porspect Profile". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2009. Consultado o 15 de abril de 2010. 
  2. "2006-07 Pac-10 Men's Basketball Wrap-Up". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 09 de outubro de 2009. 
  3. "Brook Lopez, Robin Lopez Announce Intent To Enter 2008 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 09 de outubro de 2009. 
  4. Ficha de Brook Lopez en TDR
  5. Suns Sign Robin Lopez
  6. Hornets acquire Lopez and Warrick from Phoenix
  7. "TRADE BLAZERS ACQUIRE ROBIN LOPEZ FROM NEW ORLEANS". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 10 de xullo de 2013. 
  8. "Knicks Acquire Four Free Agents: Afflalo, R. Lopez, Williams, O'Quinn". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2015. 
  9. "Bulls send Derrick Rose to New York in five-player deal". NBA.com. 22 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 01 de agosto de 2019. 
  10. "Bucks Sign Robin Lopez and Wes Matthews". NBA.com. 12 de xullo de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  11. Wizards sign Robin Lopez

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar