Robin Cousins

patinador artístico sobre xeo británico

Robin Cousins, nado en Bristol o 17 de agosto de 1957, é un ex patinador sobre xeo británico. Foi campión olímpico e europeo en 1980, tres veces medallista do mundial (1978–1980) e catro veces campión británico (1977–1980), logrando todos estes títulos durante a súa carreira como afeccionado. Continuou cunha carreira como profesional con éxito e posteriormente protagonizou espectáculos sobre xeo, ademais de producir algúns el mesmo. Era quen de xirar en calquera sentido, horario ou antihorario,[1] habilidade pouco frecuente nun patinador artístico.

Infotaula de personaRobin Cousins

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Bristol (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Altura183 cm Editar o valor em Wikidata
Peso66 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpatinador artístico sobre xeo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaReino Unido Editar o valor em Wikidata
Deportepatinaxe artística sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivamen's singles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AdestradorCarlo Fassi Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 1980patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1980 - Individual masculino (pt) Traducir (1º)
febreiro de 1976patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1976 - Individual masculino (pt) Traducir (10º) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0184116 Editar o valor em Wikidata

Fóra da pista de xeo, Cousins comentou eventos de patinaxe artística para a BBC, e actuou como xuíz no programa Dancing on Ice da ITV entre 2006 e 2014. Tamén apareceu en producións teatrais, incluído no West End.

Vida persoal editar

Cousins sufriu un total de oito operacións, incluída a substitución dun xeonllo con máis de cincuenta anos.[2] Os seus problemas comezaron nos Campionatos do Mundo de 1977, cando a cartilaxe do xeonllo esquerdo se desgarrou.[1][2] Contra 1980, recibira cirurxía maior nos dous xeonllos.[1]

En decembro de 1980, Cousins foi o tema do programa de televisión This Is Your Life, tras ser sorprendido por Eamonn Andrews na súa cidade de Bristol.[3]

O 10 de marzo de 2012, apareceu no concurso All Star Family Fortunes cos seus sobriños Tristan, Robin, James e Oliver. Tamén apareceu no concurso Tipping Point en agosto de 2013.

Resultados editar

Carreira como afeccionado editar

Internacionais
Evento 1972–73 1973–74 1974–75 1975–76 1976–77 1977–78 1978–79 1979–80
Xogos Olímpicos 10th 1.º
Mundiais 12.º 9.º R 3.º 2.º 2.º
Europeos 15.º 11.º 11.º 6.º 3.º 3.º 3.º 1.º
Skate Canada 2.º 1.º
NHK Trophy 1.º
St. Gervais 1.º
Nacionais
Camp. Británico 3.º 2.º 2.º 2.º 1.º 1.º 1.º 1.º
R = Retirado

Carreira profesional editar

Evento/Temporada 1980 1981 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1997
World Professional Champ. 1.º* 2.º* 1.º 2.º 1.º 4.º 2.º 3.º 2.º
Challenge of Champions 1.º 2.º 3.º 4.º 2.º 3.º
World Cup of Skating 1.º
World Team Champ. 3.º*
North American Open 3.º
Canadian Pro Champ. 4.º
Legends Champ. 2.º
O asterico indica resultados de competicións por equipos

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Cousins Continues to Entertain". GoldenSkate. 6 de decembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2011. Consultado o 12 de abril de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Walker, Ruth (4 de xaneiro de 2014). "A lesson from Dancing on Ice’s Robin Cousins". Scotsman. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 09 de xaneiro de 2020. 
  3. "Robin COUSINS (1957–)". Big Red Book. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar