Roberto Iniesta

músico español

Roberto Iniesta Ojea, nado en Plasencia (Cáceres) o 16 de maio de 1962,[1] tamén coñecido simplemente como Robe, é un compositor, músico e novelista español. É coñecido por ser o fundador e a imaxe do grupo de rock Extremoduro.

Infotaula de personaRoberto Iniesta

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Plasencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor de cancións , compositor , músico , cantante , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Rock sinfónico e hard rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoAvispa Music Editar o valor em Wikidata

Páxina webextremoduro.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2601279 Musicbrainz: b435c75d-25e8-464c-8b82-12ca0eaec926 Discogs: 1222717 Allmusic: mn0002076832 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Infancia e xuventude editar

Roberto Iniesta naceu en Plasencia (Estremadura) o 16 de maio de 1962. Tras deixar a escola en terceiro de BUP e traballar co seu pai, empezou a escribir cancións con vinte anos. Creou o seu primeiro grupo, Lethal Dose, con Luisma, Juano, Paco Doniga e Zósimo “Zosi” Pascual. Durante estes anos, tamén estaba a traballar nun posto de lambetadas.

Primeiros éxitos musicais editar

Influenciado por bandas como AC/DC ou Leño, en 1987 crea a banda Extremoduro. Ao non teren diñeiro para pagaren unha gravación, decidiron vender billetes a mil pesetas cada un. Quen contribuiren, obterían unha copia da maqueta cando for gravada. Venderon 4 250 destes billetes, polo que en xaneiro de 1989 gravaron unha demo nos estudos Duplimatic cunha tirada de mil exemplares titulada “Rock transgresivo”, que foi distribuída por Estremadura. Ese mesmo ano, Avispa Music ofreceulles un contrato por tres anos. En 1991 comezaron a negociar con Avispa para gravaren o segundo álbum. Porén, por problemas coas dietas, e ante as baixas expectativas de futuro que o selo lles ofrecía, decidiron romper o contrato. Asinaron co selo Área Creativa de Pasión Cía., unha compañía independente, mais con mellores condicións e medios. As diferenzas económicas por non cobraren dereitos levounos inevitablemente a romper coa compañía. Ese mesmo ano ficharon por DRO, subsidiaria de Warner Music.

A comezos de 1993, Robe mudouse a Barcelona e creou Q3. Robe dedicou todo ese tempo para compoñer. Propúxolle á discográfica gravar un disco en solitario, pero rexeitou a precaria oferta proposta. Ademais, os membros de Q3 substituían os seus excompañeiros de banda en Extremoduro. Esta formación, durante os concertos dese ano e o seguinte, farían que esa época fose coñecida como a "Era do Caos". A anarquía e imprevisibilidade das actuacións viñan determinadas probablemente polas experiencias e problemas persoais de Robe. A formación cambiou de novo, con novos membros que Iñaki Antón lles presentou a Robe.

Salto á fama editar

En 1996 o seu álbum Agila deuno a coñecer a nivel estatal. Ese mesmo ano recibe a noticia da morte do seu pai. A entrada á banda do guitarrista e produtor Iñaki "Uoho" Antón, pertencente daquela ao grupo Platero y Tú, foi un punto de inflexión na traxectoria da banda.

En 1998 é o lanzamento de Canciones prohibidas. Ao tempo que compaxina a súa actividade coa banda, uniuse a Iñaki Antón e Fito Cabrales (tamén de Platero y Tú) e crearon un supergrupo, Extrechinato y Tú. O seu fin era gravar un álbum tributo do poeta Manolo Chinato, quen tamén participaría na gravación. Tras cinco anos de traballo, o álbum Poesía Básica ve a luz o 27 de abril 2001.

En 2002, inicia unha xira por todo o país co lanzamento do novo traballo da banda, Yo, minoría absoluta. Despois de anos á fronte do grupo e durante unha parada do mesmo, creou en 2006 xunto a Iñaki Antón a discográfica Muxik. Con ela pretendían presentar os primeiros traballos de novos grupos. Un dos primeiros álbums lanzados foi "La inconsciencia de Uoho", do grupo Inconscientes, en 2007, en que o propio Robe colaborou nalgúns arranxos.

A mediados de maio de 2008, comezou unha xira en Santander. O 9 de setembro dese ano publica novo disco con Extremoduro, "La ley innata". Trátase dunha "suite rockera" cunha introdución, catro movementos e unha coda flamenca. Este álbum dá un novo ar ao grupo, que mantén a súa temática, mais emprega recursos musicais novos.

Durante a súa parada compositiva, recoñeceu publicamente que estaba falto de inspiración. Mentres tanto, escribiu unha novela, El viaje íntimo de la locura, axudado polos seus estudos de gramática e ortografía na Universidade a Distancia. Publicada o 28 de setembro de 2009, tivo unha boa acollida comerciaul. Vendendo 10 000 exemplares en pouco máis dunha semana e esgotou a súa primeira edición.

O 24 de maio de 2011 Extremoduro estreou disco, Material defectuoso. Malia non ter ningunha promoción, conseguiu estar catro semanas consecutivas no alto das listas de venda españolas. Extremoduro comezou a gravar un novo álbum que deixou aparcado para realizar a súa xira "Robando perchas del hotel". Foi a primeira vez que o grupo ofreceu actuacións en Latinoamérica. Tras acabala, a gravación do novo álbum rematou na primavera de 2013. O seu undécimo álbum de estudio, "Para todos los públicos", íase publicar o 19 de novembro. Porén, debido a unha filtración do mesmo, tivo que ser adiantada ao 8 de novembro. Malia iso, o álbum alcanzou o número 1 nas listas de venda españolas.

En setembro de 2014 recibiron a Medalla de Estremadura, o máximo galardón que outorga esta comunidade autónoma.

Inicio da súa etapa en solitario editar

O 9 de xuño de 2015 publicouse o seu primeiro álbum en solitario, Lo que aletea en nuestras cabezas.​ Anunciouse que a súa etapa estará ligada á de Extremoduro, polo que a banda non se verá afectada. O 18 de novembro de 2016, lanza o seu segundo álbum de estudio en solitario, Destrozares, canciones para el final de los tiempos.

En 2017 promocionou os seus discos en solitario pola Península, na xira Bienvenidos al temporal, trala confirmación o 7 de marzo, momento en que lle foi entregado o segundo disco de ouro á nova formación.

Discografía editar

En solitario editar

Con Extremoduro editar

Con Extrechinato y Tú editar

Colaboracións editar

Novelas editar

  • El víaje íntimo de la locura. El Hombre Del Saco, S.L. 2009.

Notas editar

  1. Tras gravar en xaneiro de 1989 a maqueta primitiva Rock transgresivo, a banda publicaría o seu primeiro álbum de estudio Tú en tu casa, nosotros en la hoguera co selo discográfico Avispa. Como non quedaron conformes co resultado deste último, a maqueta primitiva foi parcialmente regravada, sendo publicada en agosto de 1994 como o novo álbum de estudio que substituiría a gravación Tú en tu casa, nosotros en la hoguera.
  2. Remasterizado e parcialmente regravado.
  3. Remasterizado e parcialmente regravado.
Referencias
  1. "Robe Iniesta cumple 50 años". rollingstone.es. 13 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2013. Consultado o 30 de novembro de 2013. 
  2. Rock In Spain (22 de abril de 2013). "Robe con Forraje". Rock In Spain. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 22 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández, Iñaki (1997). Colección imágenes de rock. Extremoduro. La Máscara 73. ISBN 8479741937. 
  • Fernández, Iñaki (1998). CD Rock. Extremoduro. La Máscara. ISBN 84-7974-314-X. 
  • Menéndez Flores, Javier (2013). Extremoduro. De profundis. La historia autorizada. Grijalbo Ilustrados. ISBN 9788425350337.