Roberto Acuña

futbolista paraguaio

Roberto Miguel Acuña Cabello, nado en Avellaneda o 25 de marzo de 1972, é un futbolista arxentino nacionalizado paraguaio. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o 12 de Octubre.

Roberto Acuña
Información persoal
Nome Roberto Miguel Acuña Cabello
Nacemento 25 de marzo de 1972 (52 anos)
Lugar de nacemento Avellaneda
Altura 1,75 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual 12 de Octubre
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1989–1993 Club Nacional
1993–1994 Argentinos Juniors 33 (4)
1994–1995 Boca Juniors 31 (3)
1995–1997 Independiente 65 (3)
1997–2002 Zaragoza 153 (20)
2002–2006 Deportivo da Coruña 14 (0)
2003–2004Elche (cedido) 26 (2)
2004Al Ain (cedido) 4 (0)
2007 Rosario Central 4 (0)
2007 Club Olimpia 16 (3)
2009–2012 Rubio Ñu 81 (15)
2013– 12 de Octubre 25 (5)
Selección nacional
1993–2011 Paraguai 100 (5)
Na rede
FIFA: 157138 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de novembro de 2013.
editar datos en Wikidata ]

Alcumado El Toro debido á súa forza e presenza no centro do campo, pasou varios anos como profesional na Liga española, xogando no Real Zaragoza e no Deportivo da Coruña, sendo a segunda etapa desafortunada.

Traxectoria editar

De moi novo Acuña emigrou a Paraguai, onde comezou a xogar no Club Nacional en 1989. Despois de cinco anos, decidiu adquirir a cidadanía do país para xogar coa selección nacional, chegando a ser o segundo xogador que máis veces xogou na historia de Paraguai, só superado polo defensa central Carlos Gamarra.

Posteriormente, Acuña xogou catro tempadas na Arxentina, con Argentinos Juniors, Independiente e Boca Juniors, antes de trasladarse a Europa en 1997, onde foi contratado polo Real Zaragoza. Cos aragoneses foi un dos piares no centro do campo, axudando a conseguir a Copa do Rei en 2001 e anotando 20 goles en 5 tempadas, só en liga. Este mesmo ano conseguiu o premio ao Futbolista paraguaio do ano.

En consecuencia, Acuña chamou a atención do Deportivo da Coruña, que contratou ao xogador por cinco tempadas pagando 11 millóns de euros, a pesar de que tiña que cumprir unha sanción de cinco partidos da campaña anterior, na que o Real Zaragoza descendeu.[1] Cos galegos, porén, nunca apareceu máis de 7 veces en liga durante a súa estadía, contando tamén coas lesións[2] e as dúas cesións que sufriu (Elche CF e Al Ain).[3]

Inicialmente Acuña retirouse en 2007, rematando a súa carreira en Paraguai xogando no Club Olimpia de Asunción. Porén, en 2009 saíu da inactividade firmando co Club Rubio Ñu.

Selección nacional editar

Defensa como Gamarra, Acuña participou en tres Mundiais de fútbol, participando en 97 partidos e marcando 5 goles.

Apareceu en tódolos partidos durante as tres edicións e foi o primeiro paraguaio en ser expulsado dun Mundial, despois de darlle un codazo a Michael Ballack no derradeiro minutos dos dezaseisavos de final, expulsado por dobre tarxeta amarela.

Palmarés editar

Club editar

Individual editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar