Roberta Flack

cantante estadounidense

Roberta Flack, nada o 10 de febreiro de 1937 en Asheville, Carolina do Norte, é unha cantante de soul e quiet storm estadounidense.

Roberta Flack
Roberta Flack
Nome completoRoberta Flack
Data nacemento10 de febreiro de 1937 (87 anos)
Nado enEstados Unidos de América Estados Unidos
Asheville, Carolina do Norte
Ocupaciónmúsica, cantautora, mestra, cantante, pianista e artista discográfico
Xénerojazz, soul, folk
Tempo en activo1969- actualidade
Na rede
páxina oficial
IMDB: nm0280808 Facebook: robertaflackmusic Twitter: roberta_flack Instagram: officialrobertaflack MySpace: robertaflack Youtube: UCGlOM3fv_1i57iWt8DI5jPg Spotify: 0W498bDDNlJIrYMKXdpLHA iTunes: 17992 Last fm: Roberta+Flack Musicbrainz: 5298bbcb-7330-49bf-a780-2d757f10a20a Songkick: 217384 Discogs: 63771 Allmusic: mn0000290072 WikiTree: Flack-1806 Deezer: 208 Genius: Roberta-flack Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

É filla do organista da igrexa baptista de Ashville, polo que desde pequena se orientou musicalmente tocando o piano. Na súa mocidade recibiu nocións musicais e clases eventuais na Universidade Howard. Tras un período dando clases, foi descuberta por Less McCann cantando nun club de jazz. Moi pouco despois e grazas a el, asinou coa discográfica Atlantic.

Os seus dous primeiros álbums ("First take" en 1969 e "Chapter 2" en 1970) apenas soaron e non chegaron a colocar ningún sinxelo. Pero isto mudou cando na banda sonora de "Play Misty for Me" se incluíu unha versión de "The First Time Ever I Saw Your Face" (canción do cantante folk Ewan McColl, que xa aparecía no seu álbum debut. O sinxelo converteuse en número un e permaneceu no máis alto seis semanas, converténdose nun dos maiores éxitos de 1972. Nese mesmo ano uniuse co seu compañeiro de clase Donny Hathaway para gravar un álbum xuntos, do que se extraerían éxitos como "Where is the love" ou a versión do clásico de Carole King "You've got a friend". Pero o seu maior éxito chegaríalle en 1973 co tema "Killing me softly with his song", converténdose en número un durante cinco semanas e sendo un dos grandes éxitos da música contemporánea.

En 1974 volveu ás listas de vendas con "Feel Like Makin' Love". Nese mesmo ano tomouse un descanso para actuar con fins benéficas. Nos seguintes anos as súas aparicións eran escasas, pero continuaba traballando duro. En 1979 Donny Hathaway suicidábase, facendo volver á escena a Roberta. Afectada pola perda, buscou un novo compañeiro musical, Peabo Bryson, con quen fixo unha longa xira durante 1980. En 1983 gravaron xuntos, conseguindo o éxito con "Tonight, I Celebrate My Love". Durante toda a década dos 80 centrouse en actuar máis que en gravar, facendo numerosas xiras e actuando xunto a Miles Davis. Volveu ós postos altos das listas en 1991 co dueto "Set the Night to Music" xunto a Maxi Priest.

Durante toda a década dos 90 e na actualidade adícase a facer interminables xiras mundiais, nas que especialmente se centra no jazz.

Discografía editar

Álbums
Ano Título Discográfica
1969 First take Atlantic
1970 Chapter two Atlantic
1971 Quiet fire Atlantic
1972 Roberta Flack & Donny Hathaway Atlantic
1973 Killing me softly Atlantic
1975 Feel like makin' love Atlantic
1975 In Concert: recorded with the Edmonton Symphony Orchestra Dep Entertainment
1977 Blue lights in the basement Atlantic
1978 Roberta Flack Atlantic
1980 Roberta Flack featuring Donny Hathaway Atlantic
1981 Bustin' loose MCA
1982 I'm the one Atlantic
1988 Oasis Atlantic
1991 Set the night to music Atlantic
1995 Roberta Atlantic
1997 Christmas album Capitol
2003 Holiday Punahele Productions

Premios editar

Grammy Awards
Ano Título Categoría Xénero
1972 Where is the love Mellor actuación de dúo ou grupo R&B
1972 The first time ever I saw your face Canción do ano
1973 Killing me softly with his song Mellor actuación vocal femenina Pop
1973 Killing me softly with his song Canción do ano

Véxase tamén editar