Robert Wadlow
Robert Pershing Wadlow, nado en Alton (Illinois) o 22 de febreiro de 1918 e finado en Manistee (Míchigan) o 15 de xullo de 1940, segundo o Libro Guinness dos Récords, foi o home máis alto da historia médica de que existen evidencias irrefutábeis. Adoita ser chamado Alton Giant (o xigante de Alton). Alcanzou unha altura de 2,72 metros cun peso de 199 quilogramos antes de falecer. O seu gran tamaño e o seu continuo crecemento en idade adulta estaba provocado por un tumor na súa glándula pituitaria. Non deixou de medrar até a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Robert Pershing Wadlow 22 de febreiro de 1918 Alton, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 15 de xullo de 1940 (22 anos) Manistee, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | Morte natural (Sepse ) |
Lugar de sepultura | Oakwood Cemetery (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Alton (pt) |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Shurtleff College (en) |
Altura | 2,72 m |
Peso | 199 kg |
Actividade | |
Ocupación | artista de circo |
Membro de | |
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Wadlow |