Robert Schul
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Robert "Bob" Schul, nado o 28 de setembro de 1937 en West Milton, Ohio, foi un atleta retirado dos Estados Unidos especialista en probas de longa distancia que foi campión olímpico dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Toquio.
Nome orixinal | (en) Robert Keyser «Bob» Schul |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de setembro de 1937 (86 anos) West Milton, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Indiana (pt) Miami University (en) Milton-Union High School (en) |
Altura | 184 cm |
Peso | 66 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista , atleta |
Empregador | Universidade Cornell |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
1964 | Xogos Olímpicos de 1964 |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
Ouro | Toquio 1964 | 5.000 m |
Traxectoria editar
Schul, naceu e creceu nunha granxa de West Milton, Ohio, e empezou a correr no instituto. Aínda así, os seus resultados durante a súa estancia na Universidade de Miami non foron destacados. En 1959 uniuse ás forzas aéreas onde continuou adestrando. En 1961 coñeceu ao adestrador húngaro Mihaly Igloi. Baixo a tutela de Igloi finalizou terceiro no Campionato nacional de 3.000 m valados. Debido a diversas lesións a súa explosión non chegou ata 1964.
En 1964 bateu o récord dos Estados Unidos de 5.000 m, e o récord mundial das 2 millas cun tempo de 8:26.4 (o 29 de agosto). Logrou clasificarse para os Xogos Olímpicos de Toquio. Na capital nipoa, Schul disputou a final dos 5.000 m baixo unha intensa chuvia. Na última volta o francés Michel Jazy parecía encamiñarse deica o ouro, pero Schul foi recortando a distancia até superar a Jazy a falta de 50 m e lograr o ouro. Tralos Xogos, Schul acadaría en 1965 o título nacional das 3 millas pero xa nunca máis alcanzaría o nivel de 1964.