Robert J. Grant
Robert John Grant, nado en Springville, Nova Escocia, o 12 de novembro de 1862 e finado en Pasadena, California, o 24 de novembro de 1949, foi director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1823 e 1833.
Robert J. Grant Directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1923-1933) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1862 Springville. Nova Escocia |
Morte | 24 de novembro de 1949 (87 anos) Pasadena California |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Actividade | |
Ocupación | Alto funcionario. |
Traxectoria editar
Primeiros anos editar
Robert J. Grant naceu o 12 de novembro de 1862 en Springville, condado de Pictou, Nova Escocia,[1][2] fillo de Christy Grant e de Peter James Grant. Alí asistiu a diversas escolas públicas.[3]
Trasladouse aos Estados Unidos nos inicios da década de 1880 e pouco despois acadou a naturalización como estadounidense.[4] Nos primeiros momentos traballou nunha empresa de artes gráficas en Boston, ao tempo que cursaba a súa educación secundaria.[2][3]
Carreira na minaría do ouro editar
Na súa Nova Escocia natal xa comezara a traballar nas minas de Stellarton[2], e a etapa máis longa da súa carreira profesional nos Estados Unidos desenvolveuse como enxeñeiro de minas. En 1892 alugou en Arizona a planta mineira de ouro Gold Bug Mine e dous anos despois traballou nunha mina en Aspen, Colorado.[1][3]
Entre 1886 e 1889 foi adxunto á xerencia doutros establecementos mineiros, como a Portland Gold Mining Company, en Colorado, ou a W. S. Stratton Independent Mine. En 1904 fíxose cargo da xerencia da Cosmopolitan Mine,[1] unha compañía británica na que tivo como socio o que máis tarde sería presidente do país, Herbert Hoover.[3]
Fóra dos Estados Unidos, Grant formou parte de prospeccións mineiras en México[3] e en Suráfrica.[4]
A súa derradeira actividade no sector da minaría foi como enxeñeiro na Colorado Pure Lead Corporation, entre 1917 e 1921, en Colorado.[1][3]
Dirección da Casa da Moeda dos EEUU editar
En 1921, o presidente Warren G. Harding nomeou a Grant superintendente da Casa da Moeda de Denver, e o seguinte presidente, Calvin Coolidge, ascendeuno en novembro de 1923 a director da Casa de Moeda dos Estados Unidos, cargo que desenvolveu ata maio de 1933.[2][3][5] Foi durante o seu mandato cando o Goberno tomou o control da exportación de ouro no país.[1]
Logo do seu labor á fronte da ceca pública estadounidense, Grant marchou á China, onde exerceu como asesor do Goberno daquel país en asuntos monetarios e da Casa da Moeda da China, e regresou aos Estados Unidos en 1941, por mor do seu delicado estado de saúde.[2][3][4][6]
En 1933 foi honrado cunha medalla emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, deseñada por John R. Sinnok.[1]
Vida persoal editar
Grant casou o 14 de xuño de 1894 con Leslie Hauyden.[1]
O 24 de novembro de 1949, Robert J. Grant finou en Pasadena, California,[1][2][3][7] no hospital Las Encinas Sanitarium, como consecuencia da doenza que o aqueixaba desde 1942.[4]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Smith, P. (2012).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Robert J. Grant". Notyourgrandfathersmining.ca
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 160.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Ex-Boss of the Mint Robert J. Grant Taken by Death". En Los Angeles Times. 25 de novembro de 1949. Páxina 40.
- ↑ "Former Directors of the United States Mint". United States Mint.
- ↑ "The Cabinet: Mint Lady". En Time. 8 de maio de 1933.
- ↑ "Robert J. Grant, 87, Ex-Director of the Mint". En The New York Times. 25 de novembro de 1949.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Evans, G. G. (1898). Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxinas 87-88.
- Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). "Robert John Grant". Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 160-161.
- Smith, P. (2012). "Grant, Robert John". En American Numismatic Biographies. Páxina 154.
Outros artigos editar
Predecesor: Frank Edgar Scobey |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 1923 - 1933 |
Sucesor: Nellie Tayloe Ross |