Robert Adam

arquitecto e deseñador neoclásico escocés

Robert Adam, nado en Kirkcaldy (Fifeshire) o 3 de xullo de 1728 e finado en Londres o 3 de marzo de 1792, foi un arquitecto e deseñador neoclásico escocés.

Infotaula de personaRobert Adam

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1728 Editar o valor em Wikidata
Kirkcaldy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de marzo de 1792 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor em Wikidata
Member of the 13th Parliament of Great Britain (en) Traducir

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Royal High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura e Deseño interior Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Londres
Glasgow
Edimburgo
Bath Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , político , arqueólogo , deseñador de mobles Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1743 Editar o valor em Wikidata - 1792 Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoPalladianismo, Neoclasicismo e Adam style (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCharles-Louis Clérisseau (pt) Traducir, Giovanni Battista Piranesi (pt) Traducir e William Adam Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
PaisWilliam Adam Editar o valor em Wikidata  e Mary Robertson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJohn Adam (arquiteto) (pt) Traducir, James Adam (pt) Traducir e Susannah Adam (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesWilliam Adam (pt) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Adam-1127 Find a Grave: 9567 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi o segundo fillo de catro (todos arquitectos) de William Adam, canteiro e arquitecto, estudou na Universidade de Edimburgo, aínda que non se graduou. En 1746 xunto co seu irmán máis vello, John Adam, entrou como axudante do seu pai. Cando este último morreu (1748), os dous irmáns convértense en socios do negocio familiar (Adam Brothers). O seu primeiro gran traballo foi a decoración do primeiro andar da Hopetoun House, preto de Edimburgo. En 1754 realiza unha viaxe por Francia e Italia, que aproveita para estudar a arquitectura clásica. Puxo especial atención no estudo das ruínas do pazo de Diocleciano en Spalato (Dalmacia), que actualmente se nomea Split (Croacia), e admira os gravados de Giovanni Battista Piranesi. En 1764 publica The ruins of the Palace of Diocletian ou As ruínas do Pazo de Diocleciano.

En 1758 regresa a Gran Bretaña e abre estudo en Londres cos seus irmáns James e William, coa incorporación de deseños clásicos romanos, influenciado con elementos gregos, bizantinos e barrocos dá lugar a un novo estilo decorativo. Realizou sobre todo mansións campestres nas que empregaba eses motivos clásicos con liberdade e diversidade cunha linguaxe de gran transparencia espacial. Deste xeito, mantivo unha dilatada actividade, tanto para clientes privados como para o servizo do Rei (foi arquitecto real dende 1761 a 1768).

Posicionamento editar

Robert Adam destacou pola súa convicción de que os interiores dun edificio e a súa decoración son o auténtico obxectivo da arquitectura. En consecuencia, deseñou mobles, telas e metalistería para os seus edificios. As súas publicacións As ruínas do Pazo de Diocleciano (1764) e Obras arquitectónicas de Robert e James Adam (1773-1779) fixaron o estilo Adam (unha versión do neoclasicismo máis sinxela, precisa e delicada, que a do rico estilo palladiano, anteriormente de moda). O estilo Adam é de debuxo e proporcións harmoniosas, e procura unha sensación de luminosidade e espaciosidade. Utiliza motivos clásicos, como festóns, grilandas e urnas. O mobiliario Adam ten características moi similares.

Obras editar

  • 1761-1780. Remodelacións de Osterley Park.
  • 1762-1769. Casa Syon, dúas grandes casas próximas a Londres.
  • 1765-1770. Proxecto para o Kedleston Hall en Debyshire.
  • 1768-1772. O proxecto Adelphi (un grupo de vivendas urbanas no barrio de Londres de igual nome, demolido en 1936), foi o máis ambicioso que realizou, á beira do Támese. Proxectada como unidade arquitectónica, incluía peiraos, almacéns baixo os arcos que sostiñan un paseo e rúas de vivendas cunha decoración de estilo pompeiano.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar