Hämeenlinnan jäähalli

(Redirección desde «Ritari-areena»)

Coordenadas: 60°59′42″N 24°25′55″L / 60.99508333, 24.43193056

O Ritari-areena (anteriormente chamado Ritarihalli, Rinkelinmäen jäähalli, Hämeenlinnan jäähalli e Patria-areena) é un pavillón deportivo da cidade de Hämeenlinna, Finlandia. É empregado principalmente para a práctica do hóckey sobre xeo, sendo a casa do Hämeenlinnan Pallokerho (HPK), que compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga. Foi inaugurado en 1979 e remodelado en 2008. A súa capacidade alcanza os 5.360 espectadores. O seu director é Jorma Hassinen.

Ritari-areena
Interior do Ritari-areena.
Datos
LocalizaciónHämeenlinna, Finlandia Finlandia
Outros nomesHämeenlinnan jäähalli
Rinkelinmäen jäähalli
Ritarihalli
Patria-areena
Construción
Inauguración1979
Estadio
Capacidade5.360 espectadores
LocalíaHPK (1979-)
Eventos
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2009

Historia editar

En 1963 construíuse en Rinkelinmäki unha pista de patinaxe artificial. Foi cuberto logo de pasar a ser propiedade da cidade en 1979, pasando a ser chamado arena. O proxecto do pavillón comezou en 1976 pola presión do HPK. Isto levou á formación dun comité que foi dirixido polo presidente do HPK, o xerente de banco Seppo Nenonen. O punto de partida non foi bo debido á actitude da cidade. O comité realizou un plan de propiedade baseado nas súas investigacións sabendo os gastos mínimos para o seu éxito, que aínda así non estaba garantido. Tiveron que prescindir de todo o espazo extra. O máis importante foi que se obterían algúns teitos.

O pavillón foi deseñado polo departamento de arquitectura da cidade, dirixido polo arquitecto municipal Heikki Aitola. Os plans de reforma posteriores foron realizados na súa maioría polo arquitecto Seppo Ilmarinen para o departamento de arquitectura da cidade e polo seu fillo, o arquitecto Petri Ilmarinen.

Hämeenlinnan Jäähalli Oy, a compañía que xestiona o pavillón, foi fundada o 3 de febreiro de 1992. Nese mesmo ano finalizouse unha pista de adestramento e en 1996 o pavillón ampliouse en base aos requisitos da SM-liiga. Estes requisitos inclúen que todos os pavillóns da liga deben ter capacidade para como mínimo 5.000 espectadores. Ao mesmo tempo a propiedade do pavillón pasou ás mans da empresa.

En 2002 cambiouse o seu nome polo de Ritarihalli, e en 2008 foi remodelado para acoller a 5.360 espectadores e mellorar outras zonas como as de restaurantes.

O pavillón foi a sede do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2009, con partidos que se celebraron tanto na pista principal como nas de adestramento.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar