Rita Levi-Montalcini

Neuróloga italiana


Rita Levi-Montalcini, nada en Turín o 22 de abril de 1909 e finada en Roma o 30 de decembro de 2012[1], foi unha destacada investigadora neuróloga, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1986 e senadora vitalicia italiana.

Infotaula de personaRita Levi-Montalcini

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1909 Editar o valor em Wikidata
Turín, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 2012 Editar o valor em Wikidata (103 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio Monumental de Turín Editar o valor em Wikidata
Senador vitalicio
1 de agosto de 2001 – 30 de decembro de 2012 (finado no cargo)
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América (1947–1977) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (1946–2012)
Reino de Italia (1909–1946)
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Turín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNeurobioloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónneuróloga , política , médica , bioquímica , neurocientífica , científica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Washington em St. Louis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enNeuroloxía e Neurobioloxía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
Fillossen valor Editar o valor em Wikidata
IrmánsGino Levi-Montalcini e Paola Levi Montalcini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesEugenia Sacerdote de Lustig (curmá entregue) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1390338 WikiTree: Levi-Montalcini-1 Find a Grave: 102817048 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tivo que sortear as obxeccións do pai, que cría que “unha carreira profesional podía interferir cos deberes de esposa e nai”, para asistir ás clases de medicina en Turín entre 1930 e 1936.[2] Aínda así veu cortada a súa traxectoria académica polas leis antixudías de Mussolini. Durante a segunda guerra mundial, desenvolveu experimentos caseiros estudando o crecemento das fibras nerviosas en embrións de polo, o que sentou as bases para a súa investigación posterior.

En 1947 aceptou unha invitación da Universidade de Washington en San Luis, na que desenvolveu o seu traballo máis importante: o illamento dos factores de crecemento dos nervios. Profesora a tempo completo no 1958, no 1962 estableceu unha unidade de investigación en Roma, dividindo o seu tempo entre Italia e os EUA.

No 1986 Levi-Montalcini e o seu colaborador Stanley Cohen recibiron o Premio Nobel de Medicina, así como o Premio Albert Lasker para a Investigación Médica Básica.[3] Como curiosidade, o Nobel fixo o número cuarto nunha pequena comunidade de menos de 50.000 persoas, a xudía italiana, despois de Emilio Segrè, Salvador Luria e Franco Modigliani.

Obras editar

  • Origine ed Evoluzione del nucleo accessorio del Nervo abducente nell'embrione di pollo, Roma, Tip. Cuggiani, 1942. (Orixe e evolución do núcleo acesorio do nervio aducente no embrión do polo)
  • Il messaggio nervoso, con Pietro Angeletti e Giuseppe Moruzzi, Milán, Rizzoli, 1975. (A mensaxe nerviosa)
  • New developments in neurobiological research, in "Commentarii", vol. III, n. 15, Pontificia Academia Scientiarum, 1976. (Novos desenvolvementos en investigación neurobiolóxica)
  • Elogio dell'imperfezione, Milán, Garzanti, 1987. ISBN 88-11-59390-5. (Eloxio da imperfección)
  • NGF. Apertura di una nuova frontiera nella neurobiologia, Roma-Napoli, Theoria, 1989. ISBN 88-241-0162-3. (Apertura dunha nova fronteira en neurobioloxía)
  • Sclerosi multipla in Italia. Aspetti e problemi, con Mario Alberto Battaglia, Genova, AISM, 1989. ISBN 88-7148-001-5. (Esclerose múltiple en Italia. Aspectos e problemas)
  • Presentazione di Max Perutz, È necessaria la scienza?, Milán, Garzanti, 1989. ISBN 88-11-59415-4. (É necesaria a ciencia?)
  • Prefazione a Carlo Levi, Poesie inedite. 1934-1946, Roma, Mancosu, 1990. (Introdución a 'Poesía inédita' de Carlo Levi)
  • Prefazione a Gianni Bonadonna, Donne in medicina, Milán, Rizzoli, 1991. ISBN 88-17-84077-7. (Introdución a 'Mulleres na medicina' de Gianni Bonadona)
  • Presentazione di Gilberto Salmoni, Memoria: un telaio infinito Dialogo su un mondo tutto da scoprire, Genova, Costa & Nolan, 1993. (Presentación de 'Memoria: unha rede infinita. Diálogo sobre todo un mundo a descubrir')
  • Prefazione a Giacomo Scotti (a cura di), Non si trova cioccolata. Lettere di bambini jugoslavi nell'orrore della guerra, Napoli, Pironti, 1993. ISBN 88-7937-095-2. (Introdución a 'Non se atopa chocolate. Cartas dos nenos Iugoslavos no horror da guerra')
  • Reti. Scienza, cultura, economia, con Guido Cimino e Lauro Galzigna, Ancona, Transeuropa, 1993. ISBN 88-7828-101-8. (Redes. Ciencia, cultura, economía)
  • Vito Volterra. Il suo percorso, in Scienza, tecnologia e istituzioni in Europa. Vito Volterra e l'origine del CNR, Roma-Bari, Laterza, 1993. ISBN 88-420-4147-5. (Vito Volterra. O seu percorrido)
  • Il tuo futuro, Milán, Garzanti, 1993. ISBN 88-11-73837-7. (O teu futuro)
  • Per i settanta anni della Enciclopedia italiana, 1925-1995, in 1925-1995: la Treccani compie 70 anni. Mostra storico-documentaria, Roma, Treccani, Istituto della Enciclopedia italiana, 1995. (Polos setenta anos da enciclopedia italiana, 1925-1995)
  • Prefazione a American Medical Association, L'uso degli animali nella ricerca scientifica. Libro bianco, Bologna, Esculapio, 1995. (Introdución a 'O uso dos animais na investigación científica. Libro branco')
  • Senz'olio contro vento, Milán, Baldini & Castoldi, 1996. ISBN 88-8089-198-7. (Sen aceite, contra o vento)
  • L'asso nella manica a brandelli, Milán, Baldini & Castoldi, 1998. ISBN 88-8089-429-3. (O as na manga de farrapos)
  • La galassia mente, Milán, Baldini & Castoldi, 1999. ISBN 88-8089-636-9. (A galaxia mente)
  • Presentazione di Nicola Canal, Angelo Ghezzi e Mauro Zaffaroni, Sclerosi multipla. Attualità e prospettive, Milán, Masson, 1999. ISBN 88-214-2467-7. (Presentación de 'Esclerose múltiple. Actualidade e prospetiva')
  • Intervista in Serena Zoli, Storie di ordinaria resurrezione (e non). Fuori dalla depressione e altri mali oscuri, Milán, Rizzoli, 1999. ISBN 88-17-86072-7. (entrevista sobre 'Historia de resureción ordinaria (e non). Fóra da depresión e outros males escuros')
  • L'Università delle tre culture. Conferenza della professoressa Rita Levi-Montalcini, Sondrio, Banca Popolare di Sondrio, 1999. (A universidade das tres culturas. Conferencia da profesora Rita Levi-Montalcini)
  • Cantico di una vita, Milán, Cortina, 2000. ISBN 88-7078-666-8. (cántico dunha vida)
  • Un universo inquieto. Vita e opere di Paola Levi Montalcini, Milán, Baldini & Castoldi, 2001. ISBN 88-8490-111-1. (Un universo inquedo. Vida e obra de Paola Levi Montalcini)
  • Tempo di mutamenti, Milán, Baldini & Castoldi, 2002. ISBN 88-8490-140-5. (Tempo de cambios)
  • Tempo di azione, Milán, Baldini Castoldi Dalai, 2004. ISBN 88-8490-429-3. (Tempo de acción)
  • Abbi il coraggio di conoscere, Milán, Rizzoli, 2004. ISBN 88-17-00199-6. (Ten a coraxe de coñecer)
  • Lungo le vie della conoscenza. Un viaggio per sentieri inesplorati con Rita Levi-Montalcini, con Giuseppina Tripodi, Brescia, Serra Tarantola, 2005. ISBN 88-88507-56-6. (Ó longa vida do coñecemento. Unha viaxe por corredoiras inexploradas con Rita Levi-Montalcini)
  • Eva era africana, Roma, Gallucci, 2005. ISBN 88-88716-35-1. (Eva era africana)
  • I nuovi magellani nell'er@ digitale, con Giuseppina Tripodi, Milán, Rizzoli, 2006. ISBN 88-17-00823-0. (O novo magalláns na er@ dixital)
  • Tempo di revisione, con Giuseppina Tripodi, Milán, Baldini Castoldi Dalai, 2006. ISBN 88-8490-983-X. (Tempo de revisión)
  • La vita intellettuale, in La vita intellettuale. Professioni, arti, impresa in Italia e nel pianeta. Atti del forum internazionale, 13 e 14 febbraio 2007, Bologna, Salone del podesta di Palazzo Re Enzo, Piazza del Nettuno, Bologna, Proctor, 2007. ISBN 978-88-95499-00-0. (A vida intelectual)
  • Rita Levi-Montalcini con Giuseppina Tripodi racconta la scuola ai ragazzi, Milán, Fabbri, 2007. ISBN 978-88-451-4308-3. (Rita Levi-Montalcini conta a súa escola ós rapaces)
  • Le tue antenate. Donne pioniere nella società e nella scienza dall'antichità ai giorni nostri, con Giuseppina Tripodi, Roma, Gallucci, 2008. ISBN 978-88-6145-033-2. (As túas antepasadas. Mulleres pioneiras na sociedade e na ciencia dende a antigüidade ós días actuais)
  • La clessidra della vita di Rita Levi-Montalcini, con Giuseppina Tripodi, Milán, Baldini Castoldi Dalai, 2008. ISBN 978-88-6073-444-0. (A clepsidra da vida de Rita Levi-Montalcini)
  • Ritmi d'arte, Serra Tarantola, 2008 ISBN 88-95839-05-6 (Ritmos da arte)
  • Cronologia di una scoperta, Milán, Baldini Castoldi Dalai, 2009. ISBN 978-88-6073-557-7. (Cronoxía dun descubrimento)
  • L'altra parte del mondo, con Giuseppina Tripodi, Milán, Rizzoli, 2009. ISBN 978-88-17-01529-5. (A outra parte do mundo)

No campo non científico, no 2006, foi autora do texto dunha canción de Jalisse de título Linguaggio Universale ('Lingua universal') que ten participado na selección do Festival de San Remo 2007, non conseguindo cualificarse[4].

Notas editar

  1. "Fallece la Nobel de medicina Levi-Montalcini". Faro de Vigo (en castelán). EFE. 30 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 12 de abril de 2019. 
  2. "La imperfección como motivación vital". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-12-19. Consultado o 2021-04-22. 
  3. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1986". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2021-04-22. 
  4. Paolo Conti (09/01/2007). "I bocciati del Festival, tra Nobel e poetesse". Il Corriere della Sera. Consultado o 22/12/2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar