Un risco biolóxico (en inglés biohazard) consiste na presenza dun organismo, ou a substancia derivada dun organismo, que expón (sobre todo) unha ameaza á saúde humana. Isto pode incluír os residuos sanitarios, mostras dun microorganismo, virus ou toxina (dunha fonte biolóxica) que pode resultar patóxena. O termo e o seu símbolo asociado utilízase xeralmente como advertencia, de modo que esas persoas potencialmente expostas ás substancias o saiban para tomar precaucións.

Símbolo internacional de risco biolóxico.

Contaminantes biolóxicos editar

As condicións de traballo poden resultar negativas se se realizan en presenza de contaminantes biolóxicos. Estes contaminantes son aqueles axentes biolóxicos que cando se introducen no corpo humano ocasionan enfermidades de tipo infeccioso ou parasitario.

O concepto de axente biolóxico inclúe, pero non está limitado, a bacterias, fungos, virus, protozoos, clamidias, endoparásitos humanos, produtos de recombinación, cultivos celulares humanos ou de animais e os axentes biolóxicos potencialmente infecciosos que estas células poidan conter, prións e outros axentes infecciosos.[1]

Vías de penetración no organismo editar

As principais vías de penetración no corpo humano son:[2]

Niveis de risco editar

O Centro de control e a prevención de enfermidades de Estados Unidos (CDC) categoriza varias enfermidades segundo os niveis de risco, sendo 1 o risco mínimo e 4 o risco extremo. En España estes niveis establécense no Real Decreto 664/1997.

Notas editar

  1. Fernández Sanchez, Leodegario (2001), Definición de contaminante biolóxico, en Guía técnica para la evaluación y prevención de los riesgos relacionados con la exposición a agentes biológicos, INHT, Ministerio Trabajo y Asuntos Sociales, España [16-11-2007]
  2. Luna, Pablo (1996), NTP 406: Contaminantes químicos: evaluación de la exposición laboral (I), INSHT, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, España [14-01-2008]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Preston, Richard (1994): The Hot Zone. Anchor Books: Division of Random House; Nova York.
  • Real Decreto 664/1997, de 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo (BOE nº 124, de 24.05.1997) [1].

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar