Ricky Rubio

baloncestista español

Ricard "Ricky" Rubio Vives, nado o 21 de outubro de 1990 en Barcelona, é un xogador profesional español de baloncesto.

Ricky Rubio
Posición Base
Información persoal
Nacemento 21 de outubro de 1990 (33 anos)
España El Masnou, España
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por Minnesota Timberwolves
Carreira dende 2005
Historial de equipos
Joventut Badalona (2005–2009)
Barcelona (2009–2011)
Minnesota Timberwolves (2011–2017)
Utah Jazz (2017–2019)
Phoenix Suns (2019–2020)
Minnesota Timberwolves (2020–2021)
Cleveland Cavaliers (2021–2024)
Premios e galardóns
Estrela emerxente da Euroliga (2010)
1º Equipo de Rookies NBA (2012)

Traxectoria profesional editar

España editar

 
Camiseta asinada de Ricky Rubio (2009)

Rubio debutou na Liga ACB na tempada 2005-06 co DKV Joventut. Ese ano gañou o EuroChallenge co equipo. Liderou a ACB en roubos de balón na tempada 2006-07. Nesa mesma tempada, gañou o premio ao xogador revelación da liga. Rubio ademais foi o mellor xogador novo do ano da FIBA en 2007, 2008 e 2009, que premia ao mellor xogador do ano de 22 anos ou menos.[1] Fixo o seu debut na Euroliga o 24 de outubro de 2006. Gañou a Eurocup co Joventut en 2008. Foi elixido coma o mellor base da ACB en 2008 e 2010.

Na tempada 2008-09 foi elixido coma o mellor xogador defensivo da liga, e ao remate desa tempada, declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009.[2][3] Nese ano, fichou polo FC Barcelona, onde estivo dous anos.

NBA editar

O 1 de xuño de 2011, anunciouse que Rubio e Minnesota chegaron a un acordo para que o xogador chegase aos Timberwolves na tempada 2011-12. Rubio debutou con Minnesota o 26 de decembro de 2011 no Target Center, que rexistrou un cheo absoluto, primeiro cheo no pavillón dende a tempada 2007-08. Nese partido, Rubio fixo 6 puntos, 5 rebotes e 6 asistencias na derrota por 104-100 contra os Oklahoma City Thunder.[4]

O 30 de xuño de 2017, Rubio foi traspasado ós Utah Jazz a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2018.[5]

O 8 de xullo de 2019, Rubio asinou un contrato de tres anos e 51 millóns de dólares cos Phoenix Suns.[6]

O 16 de novembro de 2020, Rubio foi traspasado xunto a Kelly Oubre Jr., Ty Jerome e Jalen Lecque ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Chris Paul e Abdel Nader.[7] Tan só dous días despois, Rubio foi traspasado de novo ós Minnesota Timberwolves.[8]

O 3 de agosto de 2021, Rubio foi traspasado ós Cleveland Cavaliers a cambio de Taurean Prince e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022.[9]

Notas editar

  1. FIBAEurope.com Rubio article.
  2. Marca.com Ricky Rubio confirma que se inscribirá en el 'draft'.
  3. ESPN.com Agent confident Rubio to stay in draft.
  4. "Ricky Rubio impresses but Wolves fall to Thunder in Sellout Opener". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 03 de xaneiro de 2012. 
  5. "Jazz Acquire Ricky Rubio from Timberwolves". NBA.com. 30 de xuño de 2017. Consultado o 30 de xuño de 2017. 
  6. "Suns Sign Ricky Rubio". NBA.com. 8 de xullo de 2019. Consultado o 9 de xullo de 2019. 
  7. "Thunder Acquires Ty Jerome, Jalen Lecque, Kelly Oubre Jr., Ricky Rubio and 2022 First-Round Draft Pick". NBA.com. 16 de novembro de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2020. 
  8. Hine, Chris (19 de novembro de 2020). "Timberwolves take Edwards No. 1 overall — then trade for Ricky Rubio". Star Tribune. 
  9. "Cavaliers Acquire Ricky Rubio from the Minnesota Timberwolves". NBA.com. 3 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar