Richard Matheson

escritor estadounidense

Richard Matheson, nado en Allendale, Nova Jersey, o 20 de febreiro de 1926 e finado o 23 de xuño de 2013, é un escritor estadounidense de fantasía, ficción científica e horror.

Richard Matheson
AlcumeLogan Swanson
Nacemento20 de febreiro de 1926
Lugar de nacementoAllendale
Falecemento23 de xuño de 2013
Lugar de falecementoOs Ánxeles
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade do Missouri e Brooklyn Technical High School
Ocupaciónescritor, guionista, novelista e escritor de ciencia ficción
FillosRichard Christian Matheson, Ali Marie Matheson e Chris Matheson
PremiosPrémio Edgar, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame, Geffen Award, Premio Hugo á mellor presentación dramática e World Horror Convention Grand Master Award
Na rede
IMDB: nm0558577 Allocine: 43059 Allmovie: p101691
Musicbrainz: a8841299-b13a-43a4-a41e-01b85dcbcfde Discogs: 3112997 WikiTree: Matheson-1639 Find a Grave: 112825109 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de inmigrantes noruegueses, criouse en Brooklyn e estudou na Brooklyn Technical School. Despois fixo o servizo militar como soldado de infantaría na segunda guerra mundial. En 1949 licenciouse en xornalismo pola Universidade de Missouri e en 1951 mudouse a California. Casou en 1952 e tres dos seus catro fillos (Chris, Richard Christian e Ali Matheson) tamén son escritores e guionistas.

Obra editar

Matheson iniciouse na literatura publicando os seus contos no diario Brooklyn Eagle. Xa en California, empezou a escribir relatos de fantasía, terror e ciencia ficción, publicados desde 1950 pola revista Magazine of Fantasy and Science Fiction. O seu primeiro conto publicado Borne of Man and Woman fíxoo inmediatamente famoso.

En 1954 apareceu a súa xa clásica novela I Am Legend, unha orixinal historia na cal o mundo sofre unha pandemia de vampirismo á que se ten que enfrontar un só home. En 1957 adaptou ao cine a súa novela The Shrinking Man, da cal resultou un filme de culto.

Tamén destacou como guionista de varios capítulos da serie televisiva Twilight Zone e da película de Steven Spielberg Duel, baseada nun relato seu.

Véxase tamén editar