Richard Hawkins

corsario e explorador inglés

Richard Hawkins, nado contra 1562 e finado o 17 de abril de 1622 en Londres, foi un mariño corsario e explorardor inglés.

Infotaula de personaRichard Hawkins

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1562 Editar o valor em Wikidata
Plymouth Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 1622 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Membro do Parlamento de Inglaterra (pt) Traducir
Member of the 1604-11 Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Plymouth (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónNavegante , explorador , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militaralmirante Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJohn Hawkins Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Hawkins-221

Traxectoria editar

Fillo do almirante John Hawkins desde cativo estivo familiarizado co ambiente mariñeiro e xa antes de facer quince anos acompañou ao seu pai no mar, e ao seu tío William Hawkins ao Caribe. En 1585 mandou como capitán un dos navíos da expedición de Francis Drake contra as colonias españolas. En 1588 mandando o Swallow, da mariña real, loitou contra a Armada Invencible. Participou en 1590, co Crane, na expedición de seu pai contra as costa portuguesa.

En 1593 solicitoulle á raíña Isabel I de Inglaterra a realización dunha expedición cara a América, mercoulle a seu pai o navío Repetance, de 300 toneladas construído en 1588, e que a petición da raíña rebautizou como Dainty (elegante) a causa do seu deseño, a este acompañábanlle dous pequenos navíos máis cunha dotación total de 275 homes que partiron o 20 de xuño de 1593 do porto de Plymouth, un temporal impediulles achegarse ás Canarias, tras pasar Cabo Verde o escorbuto cebouse coa súa tripulación, finalmente chegaron a Santos (Brasil), non lles permitiron desembarcar pero si mercar provisións. Desembarcaron na illa de Santa Ana situada enfronte de Cabo Frio permaneceu alí un mes, desfíxose do navío que estaba en peores condicións a causa da mortalidade que lles impedía levar tres barcos e saíron de novo ao mar, capturaron un buque portugués que conducía ao novo gobernador de Angola pero deixou que seguise a súa rota quedando tan só co algúns alimentos. Na altura de Mar del Plata unha tormenta fixo que o Dainty quedara só, chegou ata as Malvinas, ás que lle deu o nome de Hawkins Mainland, descoñecento que John Davis xa as descubrira oito meses antes.

O 12 de febreiro de 1594 inicou o paso Estreito de Magallanes chegando o 9 de marzo ao Pacífico, puxo rumbo a Valparaíso capturou cinco navíos e obtivo por catro un rescate de 25.000 ducados quedando co quinto no seu poder, pero un dos barcos liberados levou a nova da chegada do navío inglés a Lima, o vicerrei García Hurtado de Mendoza mandou reforzar o porto de El Callao e enviou barcos comandados por Beltrán de Castro na súa procura, calificándoo de pirata, o que Hawkins sempre rexeitou alegando que ao estar España e Inglaterra en guerra as súas eran accións de guerra. Un primeiro encontro entre a frota de Beltrán e Hawkins produciuse o 18 de maio, non principiaron batalla por mor dunha tormenta, o segundo foi o 29 de xuño na baía de San Mateo, ao día seguinte os españois abordaron o Dainty, Hawkins foi ferido no pescozo e no brazo e accedeu a renderse en troques da vida e a promesa da repatriación, permaneceu en Lima ata 1597, enviado a España e encarcerado en Sevilla, tras un intento de fuga en 1598 levárono a Madrid, convertido ao catolicismo estivo alí ata 1602 cando chegou un rescate de 3000 £, volto a Inglaterra foi armado cabaleiro, deputado no Parlamento por Plymouth, almirante de Devon (1614), realizou unha expedición, fracasada, contra os piratas berberiscos do Mediterráneo en 1620. En 1622 saíu do prelo The Observations of Sir Richard Hawkins, Knight, in his Vojage into the South Sea.