Richard Gómez
Ricardo Gómez Varela, coñecido como Richard, nado en Melide o 12 de outubro de 1954, é un exfutbolista galego, que xogaba como defensa. É pai do tamén exfutbolista Nacho Novo.
Richard | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ricardo Gómez Varela | ||
Nacemento | 12 de outubro de 1954 | ||
Lugar de nacemento | Melide | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Galiano | |||
1974–1979 | Racing de Ferrol | 73 | (0) |
1974–1976 | → Barallobre | (4) | |
1979–1981 | Betis | 1 | (0) |
1980–1981 | → Terrassa | 23 | (0) |
1981–1984 | Lorca | 55 | (0) |
1984–1985 | Atlético Marbella | 30 | (0) |
1987–1988 | Brigantium | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Militou no Galiano ferrolán antes de ingresar no Racing de Ferrol en 1974.[1] Ao pouco da súa chegada foi cedido ao Barallobre, co que xogou dúas tempadas na Serie A Rexional.[2] Na tempada 1976/77 regresou ao Racing, co que xogou durante os seguintes tres anos, logrando dous ascensos consecutivos (de Terceira a Segunda B e de Segunda B a Segunda). Na súa terceira campaña disputou 33 partidos na Segunda División, descendendo de novo a Segunda B.
En 1979 foi traspasado ao Betis, a cambio de seis millóns de pesetas e da participación do club andaluz no Trofeo Concepción Arenal.[3] Debutou co equipo sevillano na Primeira División na primeira xornada da tempada 1979/80, contra o Rayo Vallecano no Benito Villamarín. Foi o seu único partido en todo o ano e tras xogar un partido de Copa do Rei no inicio da campaña seguinte, foi cedido ao Terrassa, da Segunda División B, onde disputou 23 partidos.[4]
En 1981 fichou polo Lorca, co que militou durante tres tempadas na categoría de bronce, logrando na última delas o ascenso á Segunda División. Durante a tempada 1984/85 xogou no Atlético Marbella e na 1987/88 no Brigantium.[5]
Palmarés editar
- Racing de Ferrol
- Segunda División B (1): 1977/78.
- Lorca
- Segunda División B (1): 1983/84.
Notas editar
- ↑ "Arriba el telón de la liga". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 4 de setembro de 1976. p. 38.
- ↑ "Ferrol cede dos jugadores al Barallobre". El Pueblo Gallego (en castelán) (es). 14 de setembro de 1974. p. 17. Consultado o 5 de xullo de 2022.
- ↑ "Richard firmó ayer". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 26 de xuño de 1979. p. 41.
- ↑ "El ex-racinguista Richard fichó por el Tarrasa". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de outubro de 1980. p. 51.
- ↑ "Racing y Brigantium juegan el domingo en Mugardos el tercer partido de pretemporada". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 30 de xullo de 1987. p. 36.