Ricardo Vázquez Gómez
Ricardo Vázquez Gómez, nado en Boqueixón cara a 1903 e finado en Santiago de Compostela o 11 de maio de 1937, foi un xornaleiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Boqueixón, España |
Morte | 11 de maio de 1937 (33/34 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornaleiro , político |
Traxectoria editar
Xornaleiro veciño de Sergude. Garda das obras do ferrocarril Coruña-Zamora no tramo Susana-Santiago. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela pola causa 1195/36 o 17 de abril de 1937 xunto con Laureano Amboage Quiñoy, Jesús Rodríguez Vázquez, José Antúnez Barros e Julián Albor Souto, acusados do delito de rebelión, o fiscal pediu a pena de morte para Ricardo Vázquez e Laureano Amboage e reclusión perpetua para os outros.[1][2] Finalmente só Ricardo Vázquez foi condenado a morte, sendo executado en Compostela o 11 de maio de 1937.[3]
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ricardo Vázquez Gómez na páxina web Nomes e Voces.