Os Rhön son un grupo de montañas baixas no centro de Alemaña.

Localización do Rhön en Alemaña
Fervenza xeada sobre unha rocha fonolita

Localización editar

Os Rhön atópanse nos estados (Länder) de Hesse, Baviera e Turinxia.

Xeoloxía editar

Son o produto da actividade volcánica antiga e están separados das montañas Vogelsberg polo río Fulda e o seu val.

Montañas máis altas editar

  • Wasserkuppe 950 m (3.110 ft), (Rhön do Hesse)
  • Kreuzberg 928 m (3.040 ft) (Rhön de Baviera)
  • Schwabenhimmel 926 m (3.040 ft) (Rhön bávaro)
  • Heidelstein 913 m (3.000 ft) (Rhön bávaro)
  • Milseburg 835 m (2.740 ft) (Rhön do Hesse)
  • Feuerberg 832 m (2.730 ft) (Rhön bávaro)
  • Ellenbogen 814 m (2.670 ft) (Rhön de Turinxia)

Importancia social e ambiental editar

Estas montañas son unha atracción turística popular. Os practicantes de sendeirismo van polos preto de 6.000 km (3.750 millas) de pistas a través da pintoresca paisaxe, e aí practícase planeo ou voo sen motor desde principios do século XX.

Hoxe en día a xente vai ao Rhön para ficar en granxas durante as vacacións.

Desde 1991, a UNESCO declarou o Rhön Reserva da Biosfera.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. https://plus.google.com/+UNESCO (2020-01-16). "Rhön Biosphere Reserve, Germany". UNESCO (en inglés). Consultado o 2022-04-15. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar