Rexión paleártica

O termo rexión paleártica, ou paleártico, identifica, dentro da bioxeografía, unha das oito ecozonas nas que se divide a Terra. A rexión paleártica engloba as áreas terrestres de Europa, o norte de África ata á beira sur do Sáhara e Asia ata ó norte do Himalaia, deixando fóra as penínsulas da da India e o sur da da Arabia.

O Paleártico

A rexión Paleártica ten a súa orixe no período Paleóxeno (antes chamado período Terciario), cando se desenvolveron na zona novas formacións de plantas e novas especies de animais.

Co Neártico (a biozona constituída por Groenlandia e Norteamérica ata ó norte de México forma a rexión Holártica. Os límites exactos destas rexións son discutidos: Groenlandia pode ser incluída tanto no Paleártico como no Neártico e os límites exactos do Paleártico no Himalaia, na súa fronteira coa rexión oriental son pouco definidos como amosan os cambios nas formacións vexetais que se atopan nas zonas fronteirizas.