Revista de Casa América-Galicia
Revista de Casa América-Galicia foi unha revista editada na Coruña de 1922 a 1923.
Revista de Casa América-Galicia | |
---|---|
País | España |
Lugar de publicación | A Coruña |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Apareceu en setembro de 1922 como continuadora de América-Galicia, da que proseguiu a súa numeración retomándoa no número 21. Julio José Casal, o director e difusor da publicación, era o secretario xeral de Casa América-Galicia, unha asociación orientada ao comercio entre España e América. Na revista dábaselles publicidade á actividade consular, á entrada e saída de barcos do porto da Coruña e ás actividades dos bancos, así como á información relativa aos actos relacionados con España que tiñan lugar en distintos puntos de América. A partir do número 25 a revista pasou a ter un carácter especificamente literario e nas súas páxinas editaron as súas composicións poéticas Eladio Rodríguez González, Luís Amado Carballo, Eugenio Montes e Vicente Risco. En agosto de 1923 publicou o seu número 32 e despois cambiou o seu nome por Alfar.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.