O retiarius (plural retiari ou retiarii) era un gladiador romano lixeiro que loitaba coas armas dun pescador. unha rede (rete, de onde lle vén o nome), un tridente e unha daga. Os seus adversarios habituais eran o secutor e o mirmillon. Era o máis vulnerábel dos gladiadores, xa que combatía espido, a excepción dunha protección (galerus) para a cara e o pescozo.