Resident Evil Code: Veronica

Resident Evil Code: Veronica é un videoxogo pertencente á serie de Resident Evil, creado e distribuído pola compañía nipoa Capcom. Orixinalmente foi lanzado para Dreamcast no ano 2000. Un ano despois apareceu unha nova versión chamada Resident Evil Code: Verónica X para Dreamcast (só no Xapón) e PlayStation 2. En 2003 saíu unha versión para GameCube e no ano 2009 unha para Wii.

Resident Evil Code: Veronica
Desenvolvedor(es)Capcom
Distribuidora(s)Capcom
Compositor(es)Hijiri Anze
Lanzamento3 de febreiro de 2000
Xénerosurvival horror
Modos de xogovideoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Xbox 360, PlayStation 2, PlayStation 3, PlayStation Portable, Dreamcast, GameCube, Xbox One e PlayStation 4
Na rede
http://www.capcom.co.jp/newproducts/consumer/veronica/index.html
IMDB: tt0217000 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mecánica de xogo editar

Code Veronica segue a mesma mecánica de xogo que as anteriores entregas de Resident Evil. Cunha cámara en terceira persoa, controlamos a Claire Redfield, irmá de Chris Redfield protagonista de Resident Evil e de Resident Evil 5. O obxectivo é esquivar diversas armas biolóxicas e resolver os enigmas para seguir avanzando.

Innovacións técnicas editar

Resident Evil Code: Veronica é a primeira entrega desta saga para a sexta xeración de videoconsolas. Presenta unha maior calidade técnica cas anteriores entregas (debido á maior potencia das videoconsolas desta xeración). Por primeira vez empréganse fondos en tres dimensións xerados pola consola.

Argumento do xogo editar

O xogo comenza con Claire encarcerada nunha illa propiedade da corporación Umbrella. Estas instalacións sofren un ataque por parte de forzas descoñecidas, que liberaron o virus T por todas as áreas. O virus T provoca a aparición de zombies e outras criaturas. Un dos empregados de Umbrella, ferido de gravidade, abre a cela de Claire. Ela abandona a prisión, atravesa o cemiterio e chega aos barracóns do persoal. Neste traxecto coñece a Steve Burnside, outro preso. Colaborando con el, é quen de chegar ata un avión co que escapar. Tras fuxir da illa con Steve, chega aos laboratorios antárticos de Umbrella. Neles reúnese co seu irmán Chris. Averigüan que o responsable do ataque é un vello coñecido: Albert Wesker, implicado nos acontecementos que toman lugar en Resident Evil. Mentres, Alfred Ashford, membro da corporación Umbrella consegue espertar a súa irmá Alexia Ashford dun coma inducido. Alexia atopábase en coma inducido suspendida nunha solución cunha variante do virus T, o virus T-Verónica. Tras espertar, posúe habilidades psíquicas e facultades mentais extraordinarias. Tenta acabar con Wesker e con Chris, pero é eliminada por este último. Tras matar a Alexia, Chris trata de fuxir destes laboratorios coa súa irmá. Antes de escapar, loita con Wesker pero consegue zafarse e reúnese coa súa irmá. Ambos foxen nun caza de combate.