Resident Evil 4 é un videoxogo pertencente á serie Resident Evil, que foi lanzado para PlayStation 2, Nintendo Game Cube, Nintendo Wii e PC. Trátase dun "survival horror", semellante aos xogos precedentes desta serie. Non obstante, producíronse cambios severos respecto a entregas anteriores, tanto a nivel técnico, de ambientación, de xogabilidade e argumento. Presenta menos lazos coas historias anteriores e opta por un cambio na mecánica de xogo. Suprímense os anteriores zombis infectados polo virus T e xorde unha nova ameaza, as denominadas "Pragas". As "Pragas" son unha serie de parasitos que infectan ao individuo estendéndose a través do Sistema Nervioso e tomando control do organismo. Existen diversos tipos de parasitos cuxos efectos varían dependendo do suxeito e cepa da "Praga".

Resident Evil 4
Desenvolvedor(es)Capcom
Distribuidora(s)Capcom
Lanzamento11 de xaneiro de 2005, 25 de outubro de 2005 e 28 de febreiro de 2014
Xénerovideoxogo de acción e aventura, disparos en terceira persoa e survival horror
Modos de xogovideoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Wii, Xbox 360, PlayStation 2, PlayStation 3, Microsoft Windows, PlayStation Portable, GameCube, iOS, PlayStation 4, Android, Zeebo, Xbox One e Nintendo Switch
Na rede
http://www.capcom.co.jp/bio4/english.html
IMDB: tt0397042 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

Anos despois do incidente que asolou Raccoon City (Resident Evil 2 e 3), Leon S Kennedy comeza a traballar de escolta do presidente dos Estados Unidos. A filla do presidente é secuestrada e Leon é enviado a unha localidade española a investigar e rescatar á moza, chamada Ashley. Leon atópaa nesa localidade e rescátaa das mans dunha seita que pretendía chantaxear ao presidente e espallar un parasito por todo o mundo.

Diferenzas coas entregas anteriores editar

En primeiro lugar, existen diferenzas notables a nivel técnico, cun motor gráfico máis avanzado. A cámara cambia de posición e deixa de ser fixa. Agora colócase no ombreiro do protagonista permitindo apuntar de xeito máis preciso. O eixo argumental anterior é parcialmente abandonado, deixando de lado á corporación Umbrella e incorporando novos inimigos e novas ameazas.

Diferenzas entre versións editar

A versión orixinal do xogo foi lanzada en Europa en marzo do ano 2005 para Game Cube en dous discos. A finais do 2005 púxose á venda unha versión para PlayStation 2, cun apartado técnico de menor calidade e novos extras (novas misións etc). En marzo do 2007, Ubisoft lanzou unha versión para PC, que a xuízo da prensa especializada era inferior ás versións de videoconsolas. O mesmo ano 2007, Capcom produciu unha versión para Wii, denominada Resident Evil 4: Wii Edition, cun mellor apartado técnico cas outras versións e todos os extras, ademais da posibilidade de xogar co control propio de Wii. No ano 2009 unha versión foi lanzada para o Iphone e Ipod, adaptado ás menores capacidades técnicas destes dous aparellos.

En 2011, Capcom relanzou Resident Evil 4, en formato de alta definición e incluíndo trofeos e logros nas plataformas dixitais Playstation Network e Xbox Live.

Crítica editar

En xeral, foi moi boa, acadando en Metacritic un 96 na versión de Game Cube [1], un 96 tamén, na versión de PlayStation 2 [2], un 76 na versión de PC [3] e un 91 na versión de Wii [4]

Vendas editar

As vendas foron as seguintes segundo VGChartz:

  • Game Cube: 1,69 millóns [5]
  • PlayStation 2: 2,99 millóns [6]
  • Wii: 1,61 millóns [7]

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2010. Consultado o 28 de setembro de 2009. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2009. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2009. Consultado o 28 de setembro de 2009. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2009. 
  5. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=1884&region=All
  6. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=4162&region=All
  7. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=6163&region=All