Requiario

terceiro rei suevo de Galiza


Requiario (tamén Rechiar ou Reckiario[1]e en latín: Rechiarius) foi o terceiro monarca suevo que gobernou o Reino Suevo de Galicia, dende o ano 448, sucendendo ao seu pai Requila, ata a súa morte en decembro de 456. Foi o primeiro rei xermánico de toda Europa que adoptou o catolicismo e tamén o primeiro en cuñar moeda propia. A pesar disto, Hidacio descríbeo como bárbaro e con poucas nocións da lei romana, así foi que o seu belicismo e ambición remataron por causarlle a morte nunha guerra que sería o comezo dunha era escura para o reino suevo.

Infotaula de personaRequiario

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 415 Editar o valor em Wikidata
Mortedecembro de 456 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Porto Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Decapitación Editar o valor em Wikidata)
Rei dos suevos Gallaecia
448 – 456
← RequilaAguiúlfo, Frantán, Maldras → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo niceno, paganismo xermánico e Cristianismo calcedonio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei
Rei de Galicia Editar o valor em Wikidata
Cónxuxemuller de Requiario
PaiRequila Editar o valor em Wikidata
IrmánsRicimer Editar o valor em Wikidata
ParentesTeodorico I, rei visigodo (sogro)
Turismundo (cuñado)
Teodorico II, rei visigodo (cuñado)
Eurico (cuñado) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Of_the_Suevia-2

Política interna editar

Unificación baixo o catolicismo editar

Foi o primeiro rei católico que gobernou o reino suevo, e converteu ao pobo dos suevos a esta relixión no ano 449, segundo Historia Suevorum de Isidoro de Sevilla Requiario "catholicus factus" ("fíxose católico"). Isto fixo caer a este rei na graza dos galaicorromanos que eran, na súa maioría, católicos tamén. Ademais foi o primeiro en nacer na Gallaecia e con educación romana, coma moitos dirixentes galaicorromanos da época, grazas ao que conseguiu influencia tamén nas capas sociais autóctonas.

A unificación relixiosa dos suevos, que eran aínda de crenzas relativas ao paganismo xermánico, fixo que o Reino Suevo de Galicia fose o primeiro reino católico, ademais de dar paso á mestura entre a poboación xermánica e a galaicorromana.[2]

Moeda sueva editar

Requiario, pioneiro tamén na economía, foi o primeiro rei que cuñou a súa propia moeda, de prata chamada siliqua, poñendo o seu propio nome no reverso das moedas do emperador Honorio en lenda latina: "IVSSV RECHIARI REGES" ("Por orde do rei Requiario").[3][4] Cuñando en gran cantidade, o que constataría o mantemento da actividade económica durante o período suevo.

Tanto a súa conversión ao catolicismo coma a emisión de moeda propia pódense enmarcar na súa cobiza de crear un reino suevo que abranguese toda a Península Ibérica.

Diplomacia exterior editar

Casamento e expansión editar

Casa coa filla do rei visigodo Teodorico I no 449 co obxectivo de manter a paz cos visigodos. De camiño a corte de Tolosa Requiario aprobeita para saquear os territorios vascóns e algunhas rexións romanas. Ao regresar de Tolosa no 450 invade as zonas de Caesar Augusta e Ilerda, aprobeitando a confusión debido ao xurdimento dun novo movemento bagaúdico surxido de novo no val do Ebro.

Relacións imperiais editar

Trala vitoria do Imperio Romano xunto con forzas visigodas sobre os Hunos na batalla dos Campos Cataláunicos no 451, o dux da Galia Aecio, decide intervir na península. Este envía no 453 unha embaixada, do conde Mansueto e o conde Fronto, coa intención de impor aos suevos un tratado de paz que estipulaba a devolución ao Imperio da rexións conquistadas da Cartaxinense. Desta maneira o Imperio conseguiu, de volta, a autoridade imperial sobre a provincia.

Invasión da Cartaxinense editar

No ano 455 proclámase en Roma a Avito como emperador, trala morte de Aecio e sucesivos emperadores inestables. Requiario que non o recoñece como tal e aprobeitando esta situación de inestabilidade política do Imperio para volver a recuperar a Cartaxinense.

Pero Avito comeza accións diplomáticas co novo monarca visigodo Teodorico II, fillo de Teodorico I, que era claramente prorromano e tampouco lle interesaba que os suevos se fixeran máis fortes. Tanto Teodorico II como Avito envían embaixadas para que os suevos abandonen a Cartaxinense, pero non só son rexeitadas por Requiario se non que este comeza unha incursión a Tarraconense da que trouxo moitos cativos á Gallaecia, probocando aos visigodos.

Guerra contra o Imperio e os visigodos editar

 
Requiario no Museu Nogueira da Silva (Braga).

Ante a clara negativa de Requiario Teodorico II dirixe o seu exército, co beneplácito do emperador Avito, á península. Contaba co apoio de tropas auxiliares burgundias, co rei Gundioco á fronte, que comeza unha gran campaña contra os suevos. Tras unha serie de batallas perdidas polos suevos, a derrota definitiva ocorreu na Batalla do río Órbigo o 5 de outubro de 456 preto de Asturica.

Morte editar

Requiario repregase a Bracara e logo a Portus Cale, de onde intenta fuxir en barco a Roma, onde tiña a Recimiro quen o podería axudar. Non obstante, unha tempestade fíxolle volver a terra, onde foi apresado polos visigodos e decapitado.

Ao morrer, os visigodos invaden a Gallaecia e a Lusitania. Neste momento, prodúcese a morte de Avito, candidato de Teodorico II, polo que tivo que partir cara as Galias con parte das súas lexións, saqueando ao seu paso á poboación de Pallantia e Asturica. Deixou o mando do territorio conquistado a ao godo Aguiúlfo, en Emerita.

Esta derrota foi fulminante para o reino xa que este sería o comezo dun período de escuridade e guerras civís no reino de Galicia.

Notas editar

  1. "O Santuario de Pastoriza", artigo en Celtiberia
  2. González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Editorial Galaxia. ISBN 8471543036. 
  3. Imaxe da moeda do rei Requiario (www.diarioliberdade.org). 
  4. Rolland, Eduardo (8/10/2022). "A sílicua de Requiario: cando Gallaecia acuñou a primeira moeda dun reino católico". GCiencia. Consultado o 11/10/2022. 

Véxase tamén editar

  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Requiario: O apoxeo suevo.
(Nós Diario, 05.09.2022)

Bibliografía editar

  • López Carreira, A; Fernández Calo, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-1.

Outros artigos editar

Requiario
Nacemento:  ? Falecemento: 456


Títulos Reais
Precedido por
Requila


Rei de Galicia
448–456
Sucedido  por
Aguiúlfo (Lusitania, Emerita)
Frantán (lucense)
Maldras (bracarense)