República popular

Denomínase república popular a un tipo de réxime político. A súa expresión institucional son os autodeterminados estados socialistas, que tiveron un relevante desenvolvemento ao longo do século XX, aínda que algúns sobreviviron no século XXI. Adoitaban dispor no nome oficial do Estado a expresión República Popular ou República Democrática. As democracias populares, a diferenza doutros réximes contemporáneos non liberais que tamén pregoaban seren democráticos, adoitan apoutar o seu discurso lexitimador na construción dunha sociedade socialista atendendo ás características peculiares de cada país, respectando sempre os principios do internacionalismo proletario.

Democracias populares:      Actual     Antiga