República de Artsakh

república con recoñecemento limitado
(Redirección desde «República de Nagorno-Karabakh»)

A República de Artsakh (en armenio: Արցախի Հանրապետություն Arts'akhi Hanrapetut'yun),[1][2] ou sinxelamente Artsakh, comunmente coñecido polo seu antigo nome República de Nagorno-Karabakh (en armenio: Լեռնային Ղարաբաղի Հանրապետություն; Lerrnayin Gharabaghi Hanrapetut'yunentre)[3] até 2017,[4] foi un estado separatista do sur do Cáucaso cuxo territorio era recoñecido internacionalmente como parte de Acerbaixán. Entre 1991 e 2023, Artsakh controlou partes da antiga Óblast Autónomo de Nagorno-Karabakh da República Socialista Soviética de Acerbaixán, incluíndo a súa capital Stepanakert. Foi un enclave dentro de territorio de Acerbaixán dende a segunda guerra de Nagorno-Karabakh en 2020 até a ofensiva acerbaixana de 2023, cando as Forzas Armadas de Acerbaixán tomaron o control do territorio restante que estaba baixo dominio de Artsakh. A súa única ruta de acceso terrestre a Armenia despois da guerra de 2020 foi a través do corredor de Lachin de 5 km de ancho, que estivo baixo a supervisión das forzas de paz rusas.[5]

Modelo:Xeografía políticaRepública de Artsakh
Արցախ (hy) Editar o valor em Wikidata

HimnoAzat u ankakh Artsakh Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°49′02″N 46°45′02″L / 39.8172, 46.7506Coordenadas: 39°49′02″N 46°45′02″L / 39.8172, 46.7506
CapitalStepanakert Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación146.600 (2012) Editar o valor em Wikidata (46.246,06 hab./km²)
Lingua oficiallingua armenia
lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie3,17 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación2 de setembro de 1991 Editar o valor em Wikidata
Disolución1 de xaneiro de 2024 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
• Presidente da República Editar o valor em WikidataSamvel Shahramanyan (2023–) Editar o valor em Wikidata
• Presidente da República Editar o valor em WikidataBako Sahakyan Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Nacional de Artsakh , (Escano: 33) Editar o valor em Wikidata
MoedaDram de Nagorno-Karabakh Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+37447 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor em Wikidata

A rexión de Nagorno-Karabakh, de poboación predominantemente armenia, foi reclamada tanto pola República Democrática de Acerbaixán como pola Primeira República de Armenia cando ambos os países se independizaron en 1918 tras a caída do Imperio Ruso. En 1920 estalou unha breve guerra pola rexión. A disputa foi en gran parte arquivada despois de que a Unión Soviética estabelecese o control da zona e crease o Óblast Autónomo de Nagorno-Karabakh (NKAO) dentro da República Socialista Soviética de Acerbaixán en 1923. Durante todo o período soviético, os armenios da Óblast Autónoma de Nagorno-Karabakh foron fortemente discriminados. As autoridades soviéticas de Acerbaixán traballaron para suprimir a cultura e identidade armenias en Nagorno-Karabakh, meteron presión aos armenios para que abandonasen a rexión e animaron aos acerbaixanos a estabelecerse nela, aínda que os armenios seguían sendo a poboación maioritaria.

No período previo á caída da Unión Soviética a finais dos anos 80, a rexión volveu xurdir como fonte de disputas entre Armenia e Acerbaixán. En 1991, un referendo celebrado na NKAO e na veciña provincia de Shahumyan deu lugar a unha declaración de independencia. O conflito étnico evolucionou a unha guerra total en 1992.[5] A guerra gañouna Artsakh co apoio de Armenia. Aínda que en 1994 se asinou un acordo de alto ao fogo, a situación conxelada deixou o territorio de poboación predominantemente armenia como un estado independente de facto, cun goberno autoproclamado en Stepanakert, pero aínda moi dependente e estreitamente integrado con Armenia, funcionando en moitos aspectos como unha parte de facto de Armenia.[6][7] Even though Armenia never officially recognized the region's independence, it became the main financial and military supporter of the territory.[8][9] En 2017, un referendo na zona aprobou unha nova constitución que transformou o sistema de goberno dun sistema semipresidencial a unha democracia presidencial cun cámara lexislativa, ademais de cambiar o nome do estado de República de Nagorno-Karabakh a República de Artsakh, aínda que ambos os nomes seguían sendo oficiais.

Dende 1994 ata 2020, as tropas armenias e acerbaixanas permaneceron separadas por unha liña de contacto disputada[10] que viu o incidentes mortais esporádicos durante eses anos.[11] En 2020, comezou unha nova guerra na rexión,[5] e desta volta Acerbaixán logrou a vitoria e recuperou todos os distritos ocupados que rodean Artsakh e unha parte importante do territorio reclamado por Artsakh.[6][9][11] O corredor de Lachin que unía Artsakh con Armenia foi bloqueado por Acerbaixán en decembro de 2022. En setembro de 2023, a Azerbaixán lanzou outra ofensiva militar. O goberno de Artsakh acordou desarmarse e iniciar conversas con Acerbaixán, o que provocou unha fuxida de armenios étnicos da zona. O 28 de setembro de 2023, o presidente de Artsakh asinou posteriormente un decreto para disolver todas as institucións da república antes do 1 de xaneiro de 2024.[12] aínda que despois o presidente intentou anular este decreto.[13] Para o 1 de outubro de 2023, case toda a poboación da rexión fuxira a Armenia.[14]

Etimoloxía editar

A palabra Nagorno- é un adxectivo atributivo ruso de construción moderna, derivado do adxectivo nagorny (нагорный), que significa "terra alta". O nome azarí da rexión inclúe adxectivos semellantes: "dağlıq" (montañoso) ou "yuxarı" (alto). Estas palabras non se utilizan no nome armenio, mais aparecen no nome oficial da rexión durante a era soviética como Óblast Autónomo de Nagorno-Karabakh. Outras linguas aplican as súas propias formas para "alto" ou "terra alta"; por exeplo o nome oficial utilizado pola República de Nagorno-Karabakh en Francia é Haut-Karabakh, literalmente "Alto Karabakh".

A palabra Karabakh considérase xeralmente de orixe turca e persa, e significa literalmente "xardín negro". O nome aparece por vez primeira en fontes xeorxianas e persas durante os século XIII e XIV. Karabagh é outra forma alternativa de escrita de Karabakh, que tamén denomina a un tipo de alfombra cun determinado patrón producida na zona. Nunha teoría alternativa proposta por Bagrat Ulubabyan asevérase que o nome de Karabakh pouse unha orixe túrquico-armenia, cuxo significado sería "Gran Baghk" (en armenio: Մեծ Բաղք). Isto sería unha referencia a Ktish-Baghk (posteriormente Dizak), un dos principados de Artsakh baixo o goberno da dinastía Aranshahik que ostentou o trono de Reino de Syunik entre os séculos XI e XIII e se chamou a si mesmo "Reino de Baghk".

Os nomes da rexión nas distintas linguas locais pódense traducir todos como "Karabakh montañoso" ou "xardín negro montañoso":

  • en armenio: Լեռնային Ղարաբաղ, transliterado: Leṙnayin Ġarabaġ (IPA: /lɛrnɑˈjin ʁɑɾɑˈbɑʁ/)
  • en azarí: Dağlıq Qarabağ (Karabakh montañoso; IPA: /dɑɣˈlɯɣ ɡɑˈɾɑbɑɣ/) ou Yuxarı Qarabağ (Alto Karabakh; /juxɑˈɾɯ ɡɑˈɾɑbɑɣ/)
  • en ruso: Нагорный Карабах, transliterado: Nagornyy Karabakh ou Nagornyi Karabah (IPA: /nɐˈɡornɨj kərɐˈbax/)

Nagorno-Karabakh é ás veces chamado polos seus habitantes armenios Artsakh (en armenio: Արցախ), o nome da décima provincia do antigo Reino de Armenia. En inscricións urarticas (séculos IX a séculos VII  a.C.) usábase para denominar á rexión o nome de Urtekhini. En grego antigo algunhas fontes chaman á zona Orkhistene.

 

Xeografía editar

Historia editar

Véxase tamén: Alto Karabakh.

Nos séculos VII e VIII, esta rexión, historicamente habitada por armenios e albaneses caucásicos, foi invadida polos árabes, converténdose certa parte da poboación ao islam. No século XV, o territorio de Karabakh formou parte dos estados turcos de Karakoyunlu primeiro, e Akkoyunlu máis tarde. A comezos do século XVI o poder pasou a unha dinastía iraniana, que creou a provincia de Ganja-Karavakh.

En 1813, a través do Tratado de Gulistán, pasou formar parte do Imperio Ruso. A esta rexión posteriormente chegaron moitas familias armenias provenientes de Persia (actual Irán) logo da sinatura do Tratado como resultado das políticas migratorias de Rusia.

Época soviética editar

Despois da Revolución rusa de 1917, Artsakh pasou a formar parte da República Democrática Federal de Transcaucasia, a cal se dividiría en tres repúblicas: Armenia, Acerbaixán e Xeorxia. Acerbaixán reclamou a súa soberanía sobre o territorio coa axuda do Imperio Otomán. En 1917, logo de ser cedida á nova República de Acerbaixán, a poboación acerbaixana, que xeralmente habitaba na sección musulmá de Shusha, iniciou un rápido crecemento demográfico.

En 1920, Transcaucasia foi integrada na esfera soviética, tentado lograr o apoio público con promesas de unión entre Armenia e Karabaj. No entanto, a Unión Soviética tamén tiña plans con respecto a Turquía para convertela ao sistema comunista. Para iso, foi necesario deixar Karabaj baixo soberanía acerbaixana. Así, a rexión autónoma de Nagorno-Karabakh foi integrada á República Soviética de Acerbaixán en 1923.

Guerra e independencia editar

Coa disolución da Unión Soviética en 1991, reabriuse o debate sobre o futuro da rexión. Crendo que se puxo un plan para difundir a cultura acerbaixana na rexión, os habitantes de etnia armenia, apoiados polo seu país, crearon un movemento para a unión co mesmo. En novembro de 1991, trala declaración de secesión dos armenios de Karabakh, o parlamento de Acerbaixán decidiu quitar a autonomía á rexión, o que levou a celebración dun referendo, con resultado da declaración de independencia. A espiral de enfrontamentos levou a accións violentas e masacres contra armenios que residían noutras rexións de Acerbaixán, tales como Sumgait e Bakú. Desta forma comezou a guerra entre Acerbaixán e Armenia, apoiada por Rusia.

 
Situación actual en Nagorno-Karabaj Artsakh

Notas editar

  1. Armenian Weekly, ed. (21 de febreiro de 2017). "Artsakh Votes for New Constitution, Officially Renames the Republic". Consultado o 15 de xuño de 2018. 
  2. Nagorno Karabakh Republic Ministry of Foreign Affairs (ed.). "Constitution". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2016. 
  3. "Constitution of the Republic of Artsakh". Ministry of Foreign Affairs of the Nagorno Karabakh Republic. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2022. Consultado o 2020-04-19. The names 'Republic of Artsakh' and 'Republic of Nagorno-Karabakh' are identical. 
  4. "Search". 29 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2023. Consultado o 26 de setembro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Wilson, Audrey (4 de agosto de 2022). "Violence Flares in Nagorno-Karabakh". Foreign Policy (Washington, D.C.: Graham Holdings Company). ISSN 0015-7228. Arquivado dende o orixinal o 9 de agosto de 2022. Consultado o 14 de agosto de 2022. 
  6. 6,0 6,1 "Nagorno-Karabakh Conflict". Council on Foreign Relations. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-29. 
  7. Hughes, James (2002). Ethnicity and Territory in the Former Soviet Union: Regions in Conflict. London: Cass. p. 211. ISBN 978-0-7146-8210-5. Indeed, Nagorno-Karabakh is de facto part of Armenia. 
  8. "Nagorno-Karabakh profile". BBC News. 2023-09-07. Arquivado dende o orixinal o 30 November 2020. Consultado o 2023-09-29. 
  9. 9,0 9,1 Andrew Higgins; Ivan Nechepurenko (2023-09-27). "A Stunningly Sudden End to a Long, Bloody Conflict in the Caucasus". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 29 September 2023. Consultado o 2023-09-29. 
  10. "How the Nagorno-Karabakh conflict has been shaped by past empires". National Geographic. 2023-09-25. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-29. 
  11. 11,0 11,1 "The Nagorno-Karabakh Conflict: A Visual Explainer". International Crisis Group. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 2023-09-29. 
  12. "Nagorno-Karabakh Republic will cease to exist from Jan 1 2024 - Nagorno-Karabakh authorities". Reuters. 2023-09-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-28. 
  13. "Nagorno-Karabakh almost empty as most of population flees to Armenia". Radio France Internationale. 30 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2023. Consultado o 30 de setembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ghazaryan, Narine (2021). "The Legal System of Nagorno-Karabakh: International and European Considerations". Unrecognized Entities (en inglés). Brill Nijhoff. ISBN 978-90-04-49910-2.