Reino do Brasil foi unha das partes constituíntes do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. A creación por decreto do 16 de decembro de 1815, puxo fin á antiga colonia portuguesa do Brasil. Porén o cambio de status xa se viña practicando desde a chegada da familia real portuguesa e a súa Corte en 1808 trala invasión napoleónica de Portugal.[1]

Modelo:Xeografía políticaReino do Brasil

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalRío de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación1815 Editar o valor em Wikidata
Disolución1825 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino Unido de Portugal Editar o valor em Wikidata

O reino portugués no exilio con capital en Río de Xaneiro editar

O traslado da corte portuguesa coa raíña María I «a Tola», o príncipe-rexente Xoán e a maioría dos nobres, que chegaban a unhas quince mil persoas, ascendía o Brasil a igual categoría que o Reino de Portugal,[2] o 23 de xaneiro de 1808. Trala ocupación de Lisboa polas tropas francesas, Río de Xaneiro, que xa era un importante porto comercial en América,[3] pasou a ser o centro comercial e naval máis importante do Imperio portugués.[4]

Elevación a reino editar

Os monarcas portugueses introduciron varias transformacións no territorio brasileiro. A culminación destas chegou o 16 de novembro de 1815, na véspera do aniversario da raíña María, cando o príncipe-rexente Xoán elevou o Brasil á categoría de reino integrado dentro do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve.[5] Pola súa banda, Río de Xaneiro pasou a ser a sede oficial da corte portuguesa. O obxectivo destas medidas eran agradecer a hospitalidade dos brasileiros que os recibiran en 1808, así como o de reforzar o papel de Portugal durante as negociacións no Congreso de Viena. A pesar de atoparse a miles de quilómetros de Lisboa, o cambio oficial da corte a Río de Xaneiro, e a elevación a reino do Brasil en unión con Portugal, permitiu que a coroa portuguesa gañase voz e dereito a voto.[5]

Disolución editar

O 7 de setembro de 1822, o príncipe Pedro, declarou a independencia do Brasil.[1] O 12 de outubro dese ano, o príncipe Pedro tornouse o primeiro emperador do país recentemente independente, fundando así o Imperio do Brasil. Tras unha longa negociación, Portugal asinou un tratado co Brasil o 29 de agosto de 1825 no que recoñecía a independencia brasileira.[6][7][8][9] Agás polo recoñecemento de independencia, o resto de disposicións do tratado facíanse a conta do Brasil, incluíndo unha demanda de compensacións a pagarlle a Portugal, sen ningún outro requisito para este último. A compensación debía pagárselle a tódolos cidadáns portugueses residindo no Brasil polas perdas sufridas, como propiedades confiscadas. Xoán VI recibiu tamén o dereito de estilizar o seu título como emperador do Brasil.[10][11][12] Para o goberno brasileiro foi máis humillante que o tratado implicase que a independencia se outorgaba como acto de beneficencia por parte de Xoán VI en lugar de que fose conseguida polos propios brasileiros por medio das armas.[13][14] A maiores disto, Gran Bretaña obtivo unha compensación polo seu papel no avance das negociacións asinando un tratado á marxe no que se renovaban os seus dereitos comerciais favorables e asinando ademais unha convención na que o Brasil acordaba abolir o tráfico de escravos con África nos seguintes catro anos. Ámbolos dous acordos resultaron moi prexudiciais para os intereses económicos do Brasil.[15][16]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España (ed.). "Independencia de Brasil". Bicentenario de las Independencias Iberoamericanas. Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  2. Aurell et al. 2013, p. 390.
  3. Gomes 2013, p. 98.
  4. Gomes 2013, p. 100.
  5. 5,0 5,1 Gomes 2013, p. 143.
  6. Osório de Castro, Rodrigues da Silva & Montalbão Sarmento 2006, p. 50-56.
  7. Barman 1988, p. 128.
  8. Sousa 1972, Vol 2, p. 193.
  9. Macaulay 1986, p. 184.
  10. Barman 1988, pp. 140–141.
  11. Sousa 1972, Vol 2, pp. 195–197.
  12. Macaulay 1986, pp. 184–185.
  13. Barman 1988, p. 140.
  14. Sousa 1972, Vol 2, p. 195.
  15. Barman 1988, p. 141.
  16. Macaulay 1986, p. 186.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar