Reinhard Gehlen, nado en Erfurt o 3 de abril de 1902 e finado o 8 de xuño de 1979, foi un militar alemán.

Reinhard Gehlen
Nacemento3 de abril de 1902
Lugar de nacementoErfurt
Falecemento8 de xuño de 1979
Lugar de falecementoBerg
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónoficial, espía e oficial de inteligência
PremiosGerman Cross in Silver e Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany
Na rede
Find a Grave: 66861327 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Reinhard Gehlen

Traxectoria editar

Foi xeneral da Wehrmacht durante a segunda guerra mundial, tiña ao seu cargo o servizo de intelixencia na Fronte oriental.

Durante a guerra fría foi recrutado polo servizo de intelixencia norteamericano coa misión de organizar un grupo que espiase á Unión Soviética, este grupo coñeceuse como Organización Gehlen e estaba formada en gran parte pola mesma rede de espías que traballaban para el durante o réxime nazi e que acabou por constituír a base dos servizos de información da nova República Federal de Alemaña, a Bundesnachrichtendienst, creada en 1956 e que tivo a Gehlen como primeiro presidente ata a súa retirada en 1968.