Regina Polín
Regina Polín Rodríguez, nada en Covelas (Castroverde) o 7 de setembro de 1950, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Regina Polín Rodríguez 7 de setembro de 1950 (73 anos) Covelas, España |
Alcaldesa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Licenciada en Filoloxía Española pola Universidade de Santiago de Compostela, foi mestra titular de lingua Inglesa no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.
Nas eleccións municipais de 2003 presentou a súa candidatura nas listas do PSdeG-PSOE, presentándose como independente en substitución do seu marido, tamén candidato á alcaldía e deputado provincial en anteriores comicios[1]. Logo de superar por 200 votos á candidatura do PPdeG, foi elixida alcaldesa coa colaboración do único representante do BNG. Máis tarde abandonou a súa independencia co ingreso no PSdeG-PSOE. Nas eleccións municipais de 2007 acadou a maioría absoluta ó facerse con 7 concelleiros dos 13 en xogo, logro recompensado cunha acta na Deputación Provincial de Lugo na que foi nomeada delegada da Área de Economía e Facenda.
Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do candidato do PPdeG Xosé María Teixido Núlez, o cal pactou co único concelleiro de Converxencia Galega. Nas municipais de 2015 volveu encabezala candidatura do PSdeG e recuperou a alcaldía por maioría simple[2]. Nas eleccións municipais de 2019 optou por non presentarse á reeleción e foi sucedida á fronte do PSdeG por Marisol Morandeira[3], a cal logrou a alcaldía por maioría absoluta[4].
Predecesor: María José Vázquez Lorenzo |
Alcaldesa de Guitiriz 2003 - 2011 |
Sucesor: Xosé María Teixido Núñez |
Predecesor: Xosé María Teixido Núñez |
Alcaldesa de Guitiriz 2015 - 2019 |
Sucesor: Marisol Morandeira |
Notas editar
- ↑ El País
- ↑ «Decíamos ayer», afirma la alcaldesa de Guitiriz al volver al cargo
- ↑ Regina Polín: «Traballei 16 anos en política. Hai que renovar»
- ↑ Concello de Guitiriz (ed.). "Corporación Municipal". www.concellodeguitiriz.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2019.