Reggie Evans

baloncestista estadounidense

Reginald Jamaal "Reggie" Evans, nado en Pensacola, Florida o 18 de maio de 1980, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente é axente libre.

Reggie Evans
Axente libre – No. 30
Posición Ala-pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 18 de maio de 1980 (44 anos)
Pensacola, Florida
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Woodham (Pensacola, Florida)
Universidade Coffeyville Community College
(1998-2000)
Iowa (2000-2002)
Carreira dende 2002
Historial de equipos
Seattle SuperSonics (2002-2006)
Denver Nuggets (2006-2007)
Philadelphia 76ers (2007-2009)
Toronto Raptors (2009-2011)
Los Angeles Clippers (2011-2012)
Brooklyn Nets (2012-2014)
Sacramento Kings (2014-2015)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Universidade editar

Evans asistiu ó Coffeyville Community College en Coffeyville, Kansas, do ano 1998 ata o 2000, cando se trasladou á Universidade de Iowa. En 2001, Evans liderou ó país en tiros libres intentados, tiros libres anotados, e dobre-dobres. Liderou a Big Ten Conference en rebotes en 2001 e en 2002, foi nomeado MVP do Torneo da Big Ten en 2001, e foi incluído no segundo Equipo All-Big Ten en 2002.

NBA editar

Seattle SuperSonics editar

Asinou cos Seattle SuperSonics coma axente libre, onde se deu a coñecer pola súa capacidade reboteadora. Na tempada 2004-05, liderou a liga en rebotes por minutos xogados, tras rematar entre os 10 primeiros nas dúas tempadas anteriores. Malia xogar menos de 24 minutos por encontro, rematou noveno en toda a liga en rebotes totais.

A mellor tempada de Evans viuse freada o 3 de xaneiro de 2006, cando os Sonics destituíron ó adestrador Bob Weiss, e puxeron ó asistente Bob Hill no seu lugar. No novo sistema de Hill, Evans perdeu o posto de titular e os seus minutos reducíronse drasticamente.

Denver Nuggets editar

O 23 de febreiro de 2006, os Sonics traspasaron a Evans ós Denver Nuggets.[1] Nos seus cinco primeiros partidos cos Nuggets, Evans xogou máis minutos que nos seus 21 derradeiros encontros cos Sonics.

O 10 de marzo de 2006, contra os Toronto Raptors, Evans capturou 20 rebotes sen anotar ningún punto. Converteuse no primeiro xogador en facer 20 rebotes e 0 puntos dende que o fixera Dennis Rodman o 15 de decembro de 1997 contra os Phoenix Suns.

Philadelphia 76ers editar

O 10 de setembro de 2007, Evans foi traspasado xunto ós dereitos do Draft de Ricky Sánchez ós Philadelphia 76ers, a cambio de Steven Hunter e Bobby Jones.[2]

Evans foi o ala-pivote titular dos Sixers na tempada 2007-08. Con el, os Sixers pasaron de ser o peor equipo reboteador da liga, a estar nos 15 equipos con máis rebotes.[3] Evans tan só se perdeu un partido en toda a tempada, e foi titular en máis partidos que nas súas dúas tempadas en Denver.

Toronto Raptors editar

O 9 de xuño de 2009, Evans foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Jason Kapono.[4] Comezou a tempada cunha lesión nun pé, e non debutou cos Raptors ata o 10 de febreiro de 2010. O 24 de novembro de 2010, Evans conseguiu a maior cantidade de rebotes da súa carreira, ó capturar 22 na vitoria dos Raptors sobre os Philadelphia 76ers por 106-90.

Los Angeles Clippers editar

O 22 de decembro de 2011, Evans asinou un contrato dun ano cos Los Angeles Clippers.[5] Rematou a tempada con 1.9 puntos e 4.8 rebotes en 13.8 minutos por partido, xogando nun total de 56 encontros.[6]

Brooklyn Nets editar

O 11 de xullo de 2012, Evans foi traspasado ós Brooklyn Nets nun sign-and-trade.[6][7] Na súa primeira tempada cos Nets, Evans xogou 80 partidos, 56 deles coma titular, e acadou por segunda vez na súa carreira máis de 10 rebotes por encontro, con 11.1.

Sacramento Kings editar

O 19 de febreiro de 2014, Evans foi traspasado xunto a Jason Terry ós Sacramento Kings a cambio de Marcus Thornton.[8]

Notas editar

  1. "Nuggets Acquire Patterson, Evans, Smith In Four-Team Deal". NBA.com. 2006-02-23. Consultado o 2010-07-12. 
  2. "76ERS COMPLETE TRADE WITH DENVER NUGGETS". NBA.com. 2007-09-10. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 2010-07-12. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2012. 
  4. "Raptors Acquire Evans From Philadelphia". NBA.com. 2009-06-09. Consultado o 2009-06-15. 
  5. http://losangeles.sbnation.com/los-angeles-clippers/2011/12/22/2656441/reggie-evans-los-angeles-clippers-2011-nba-free-agency
  6. 6,0 6,1 http://sports.yahoo.com/news/nba--nets-land-reggie-evans-in-sign-and-trade-deal.html
  7. http://www.nba.com/nets/news/Evans_Trade_Release_120711.html
  8. "Kings acquire Jason Terry and Reggie Evans". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar