Refrey

empresa galega con sede en Vigo adicada ao deseño e fabricación de máquinas de coser

Refrey (o apelido Freire coas sílabas alternadas) foi unha empresa galega con sede en Vigo adicada ao deseño e fabricación de máquinas de coser.

Historia editar

As súas orixes están na familia Freire. En 1943 obtiveron a patente 161.097 para fabricar unha máquina de coser universal e en ziz-zag, de gran velocidade con lanzadeira rotativa. En 1948 creouse a empresa, e o prototipo da máquina exhibiuse na Exposición Industrial de Galicia.[1]

Situada en Bouzas, a finais da década de 1950 comezou a fabricar máquinas de coser industriais chegando a fabricar 30 000 maquinas ao ano con 500 traballadores. Na década de 1980 a entrada de máquinas de coser a baixo custe fixo entrar en problemas á empresa. En 1992 os fundadores deixaron a empresa en mans dos traballadores, que formaron unha sociedade anónima laboral coa participación da Xunta de Galicia. En 1997 a empresa pasou a chamarse Marcofrey, con 100 traballadores, e a sede pasou a Mos. En 2007 a empresa pechou definitivamente.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar