Recopa Suramericana

A Recopa Suramericana é un torneo de fútbol en Suramérica, organizado pola Conmebol, no que se enfrontan cada ano os campións da Copa Libertadores e da Copa Suramericana, polo cal ten unha certa similitude coa Supercopa de Europa que organiza a UEFA.

Este torneo naceu no ano 1989, e dispútase polos meses de agosto ou setembro, enfrontando ós campións do ano anterior. Dende o seu nacemento, houbo 4 anos nos que non se disputou (1999, 2000, 2001 e 2002).

No fútbol suramericano esta é a 3ª competición continental mais prestixiosa.

O actual campión é o Santos Futebol Clube, e o equipo con máis títulos no seu palmarés é o Club Atlético Boca Juniors, con 4.

Palmarés editar

Finais da Recopa Suramericana
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2012   Santos FC 0-0 e 2-0   Universidad de Chile
2011   SC Internacional 1-2 e 3-1   CA Independiente
2010   LDU Quito 2-1 e 0-0   Estudiantes LP
2009   LDU Quito 1-0 e 3-0   SC Internacional
2008   CA Boca Juniors 3-1 e 2-2   Arsenal de Sarandí
2007   SC Internacional 1-2 e 4-0   CF Pachuca
2006   CA Boca Juniors 2-1 e 2-2   Sao Paulo FC
2005   CA Boca Juniors 3-1 e 1-2   CD Once Caldas
2004   CS Cienciano 1-1 (4-2)   CA Boca Juniors
2003   C Olimpia 2-0   San Lorenzo de Almagro
2002 - Non se disputou -
2001 - Non se disputou -
2000 - Non se disputou -
1999 - Non se disputou -
1998   Cruzeiro EC 2-0 e 3-0   CA River Plate
1997   CA Vélez Sarsfield 1-1 (4-2)   CA River Plate
1996   Gremio FBPA 4-1   CA Independiente
1995   CA Independiente 1-0   CA Vélez Sarsfield
1994   Sao Paulo FC 3-1   Botafogo FR
1993   Sao Paulo FC 0-0 e 0-0 (4-2)   Cruzeiro EC
1992   Colo-Colo 0-0 (5-4)   Cruzeiro EC
1991   C Olimpia Non se disputou [1] -
1990   CA Boca Juniors 1-0   CDC Atlético Nacional
1989   C Nacional de F 1-0 e 0-0   Racing Club

Notas editar

  1. O Olimpia foi declarado campión automaticamente por gañar a Libertadores e a Supercopa en 1990.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar