Recítaco

oficial militar bizantino e caudillo ostrogodo

Recítaco (en grego:Ρεκιταχ) foi un oficial militar bizantino e un caudillo ostrogodo do século V durante o reinado do emperador bizantino Zenón I (reinado do 474 ao 475 e do 476 ao 491). Algunhas fontes clásicas suxirieron que Recítaco morrera asasinado por Teodorico o Amalo.[1]

Infotaula de personaRecítaco
Biografía
Nacementoséculo V Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaAmalos Editar o valor em Wikidata
Tremisse do emperador Zenón I

Traxectoria editar

Era fillo de Teodorico Estrabón e probabelmente da súa esposa Sixilda.[2] Aparece mencionado no 481, cando acompañou a seu pai na invasión de Grecia, sucedéndoo no mando cando este morreu. Durante algún tempo, compartiu o mando con dous tíos seus mais, despois de matalos, gobernou en solitario os territorios de Tracia onde estaban asentados un dos grupos ostrogodos.

Herdou de seu pai, Teodorico Estrabón, a inimizade a Teodorico o Amalo, seu curmán, na loita por facérense co mando dos ostrogodos e cos privilexios outorgados polo emperador bizantino. Esta competencia, foi aproveitada emperador Zenón quen incitou a Teodorico para que o matase. Así, Recítaco foi asasinado no 483/484[3] nun suburbio de Constantinopla chamado Bonofaciana[1] mentres camiñaba para as termas locais.[4]

Unha vez morto, a maior parte dos ostrogodos de Tracia, uníronse ao resto dos ostrogodos baixo o mando de Teodorico o Amalo, que se converteu no único rei ostrogodo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Martindale 1980, p. 936
  2. Martindale 1980, p. 1008
  3. Kim 2013, p. 88
  4. Heather 2014, p. 47

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar