Rebecca Latimer Felton

política estadounidense

Rebecca Ann Latimer Felton, nada en Decatur, condado de DeKalb (Xeorxia) o 10 de xuño de 1835 e finada o 24 de xaneiro de 1930, foi unha escritora, profesora, reformista estadounidense, e durante pouco tempo, unha política que se converteu na primeira muller en ser membro do Senado dos Estados Unidos, nomeada o 21 de novembro de 1922, e ocupando o cargo ata o día seguinte. Aos 87 anos de idade, foi tamén a senadora novata máis vella en acceder ao Senado. Ata o 2010, segue sendo a única muller que serviu como senadora de Xeorxia.[1]

Infotaula de personaRebecca Latimer Felton

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Rebecca Ann Latimer Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1835 Editar o valor em Wikidata
Decatur, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1930 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Atlanta, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaXeorxia Editar o valor em Wikidata
Senadora dos Estados Unidos
3 de outubro de 1922 – 22 de novembro de 1922
← Thomas E. Watson (pt) TraducirWalter F. George (pt) Traducir →
Lexislatura: 67th United States Congress (en) Traducir

Circunscrición electoral: Georgia Class 3 senate seat (en) Traducir

Nomeado por: Thomas W. Hardwick (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Washington, D.C. Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , escritora , sufraxista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWilliam Harrell Felton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Latimer-237 Find a Grave: 9300 Editar o valor em Wikidata
Rebecca L. Felton, 18 de novembro de 1922.

Traxectoria editar

Felton asistiu a escolas públicas e graduouse en 1852 na Universidade (College) Feminina Madison. Trasladouse ao condado de Bartow, Xeorxia en 1854 onde deu clases nunha escola.

Foi unha escritora, lectora e reformista cun interese especial pola agricultura, o dereito ao voto das mulleres, a liga contra o alcol e a segregación racial, da que era unha firme partidaria[2].

O marido de Felton, William Harrel Felton, foi un ministro Metodista cun interese similar pola agricultura. Serviu como secretaria ao seu marido cando foi elixido como Demócrata Independente para a Cámara de Representantes dos Estados Unidos, desempeñando o cargo desde 1884 ata 1890, e como fideicomisario da Universidade de Xeorxia desde 1886 ata 1892. Morreu o 24 de setembro de 1909 aos 86 anos, cando Rebecca Felton tiña 64.

Senadora editar

En 1922, o gobernador Thomas W. Hardwick foi un candidato para a seguinte elección xeral ao Senado, cando o Senador Thomas E. Watson morreu prematuramente. Buscaba designar a unha persoa que non fose un competidor nas próximas eleccións especiais para cubrir o posto vacante, e un xeito de asegurarse o novo voto feminino descontento pola súa oposición á décimo novena emenda, Hardwick elixiu a Felton para servir como Senadora o 3 de outubro de 1922.

O Congreso non contaba reunirse de novo ata logo da elección, por iso había poucas posibilidades de que Felton puidese ser nomeada formalmente como Senadora. Con todo Walter F. George gañou a elección especial a pesar da estrataxema de Hardwick. No canto de tomar posesión do seu escano inmediatamente, cando o Senado convocouse de novo o 21 de novembro de 1922, George permitiu a Felton ser oficialmente investida no cargo. Felton converteuse así na primeira muller en ocupar un escano no Senado, e serviu ata que George deixou o cargo o 22 de novembro de 1922, un día despois.

Últimos anos editar

Felton foi contratada como escritora e conferenciante e residiu en Cartersville, Xeorxia, ata a súa morte en Atlanta, Xeorxia. Foi enterrada no cemiterio Oak Hill en Cartersville.

Citas editar

"Cando as mulleres do país entran e sentan con vostede, aínda que sexan moi poucas nos próximos poucos anos, prométolle que vostede conseguirá a capacidade, vostede conseguirá a integridade do obxectivo, vostede conseguirá patriotismo exaltado, e vostede conseguirá utilidade incansable." -- Discurso no Senado, 21 de novembro de 1922."
  • "Cando non hai bastante relixión no púlpito para organizar unha cruzada contra o pecado; nin xustiza no palacio de xustiza para castigar rapidamente o delito; nin a hombría suficiente na nación para pór un brazo protector sobre inocencia e virtude----se é necesario linchar para protexer a posesión máis querida da muller das negras bestas humanas----Entón eu digo lincha, mil veces por semana se é necesario." 11 de agosto de 1897.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar