Rebeca (nome)

nome feminino

Rebeca é un nome feminino galego de orixe hebraica.

Rebeca e Eliezer, obra de Bartolomé Esteban Pérez Murillo, no Museo do Prado (Madrid).

A primeira mención ao nome atópase no Antigo Testamento (véxase Rebeca), coma dona de Isaac (fillo do patriarca Abraham), e nai de Xacob e mais de Esaú.

Rebeca é un dos nomes máis populares para as raparigas nos Estados Unidos, Australia, Canadá, Irlanda, Reino Unido e Suecia. En Galiza non é un dos nomes máis populares, con todo 2.879 mulleres levan este nome nas catro provincias[1]. Ningunha das parroquias galegas leva o nome de Rebeca como padroeiro, logo non era un nome común en Galiza.

Etimoloxía editar

O seu significado máis probábel é ‘fascinante’. Pode ser de orixe aramea, aínda que isto é controvertido. W. F. Albright sostivo que significa ‘terra’, e que era o nome dunha deusa-terra. En grego tamén pode significar ‘fertilidade’.

Onomástica editar

  • 23 de marzo: Rebeca de Himlaia (Santa Rebeca de Himlaia - Rafka Choboq Ar-Rayes) nada en Himlaia, o 29 de xuño de 1832 e finada en Batroun o 23 de marzo de 1914. Foi unha relixiosa maronita libanesa, o seu nome real era Petra Choboq Ar-Rayes, descendía dunha familia campesiña.

Personaxes editar

Históricas editar

  • Rebeca, muller da Biblia do Antigo Testamento.

Galegas editar

Doutras nacionalidades editar

Variantes noutras linguas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar