Raspberry Pi é unha placa computadora (SBC) de baixo custo desenvolvida no Reino Unido pola Fundación Raspberry Pi co obxectivo de estimular a ensinanza de ciencias da computación nas escolas.[2][3][4][5]

Raspberry Pi
"Raspberry Pi" Computer Model-B Rev1
Saída29 de febreiro de 2012[1]
TipoSBC (Single-board computer)
Prezo25 US$ (modelo A) e 35 US$ (modelo B)
CPUARM1176JZF-S (armv6k) 700 MHz, os Raspberry Pi poden aumentar dinamicamente a frecuencia de reloxo; algúns poden chegar temporalmente a 1 GHz.
GráficaBroadcom VideoCore IV
DatosSD card slot
(SD ou tarxeta SDHC)
Memoria256 MByte (modelo A)
512 MByte (modelo B rev 2)
256 MByte (Modelo B rev 1)
Sistema operativoLinux (Raspbian, Debian GNU/Linux, Fedora, e Arch Linux ARM) RISC OS, FreeBSD, NetBSD, Plan 9
Enerxía2,5 W (modelo A) e 3,5 W (modelo B)
ConectivitadeUSB, Ethernet (modelo B) (RJ45), HDMI, RCA, Jack 3,5 mm
Dimensións85,60 mm x 53,98 mm x 17 mm
Peso45 g
Webwww.raspberrypi.org

Descrición editar

 
Caixa Raspberry Pi e placa montada en pezas Lego.

O deseño inclúe un system-on-a-chip Broadcom BCM2835, que contén un procesador central (CPU) ARM1176JZF-S a 700 MHz (o firmware inclúe uns modos “Turbo” para que o usuario poida facerlle overclock de ata 1 XHz sen perder a garantía),[6] un procesador gráfico (GPU) VideoCore IV e 512 MB de memoria RAM (aínda que orixinalmente cando foi lanzado eran 256 MB). O deseño non inclúe un disco duro ou unha unidade de estado sólido, xa que utiliza unha tarxeta SD para o almacenamento permanente; tampouco inclúe fonte de alimentación ou carcasa. O modelo B véndese a 35 dólares estadounidenses e o modelo A a 25 dólares estadounidenses. O 29 de febreiro de 2012 a fundación comezou a aceptar ordes de compra do modelo B, e o 4 de febreiro de 2013 do modelo A.[1][7][8]

A fundación dá soporte para as descargas das distribucións para arquitectura ARM, Raspbian (derivada de Debian), RISC OS 5 e Arch Linux;[9] e promove principalmente a aprendizaxe da linguaxe de programación Python,[2] e outras linguaxes como Tiny BASIC,[10] C e Perl.[2]

Especificacións técnicas editar

As placas inclúen tódolos portos de conexión necesarios para empregar periféricos: pantalla, teclado ou altofalantes.

Modelo A Modelo B Modelo B+
Prezos 25 US$ 35 US$[11]
System on a chip (SoC) Broadcom BCM2835 (CPU, GPU, DSP, SDRAM, e un só porto USB)[12]
CPU 700 MHz ARM1176JZF-S núcleo familia (ARM11)[12]
GPU Broadcom VideoCore IV
Memoria (SDRAM) 256 MB (compartida con GPU) 512 MB (compartida con GPU) dende 15 de outubro de 2012
Portos USB 2.0 1 (directo dende chip BCM2835) 2 (vía 3-portos USB hub integrado) 4 (vía 5-portos USB hub)
Entrada de vídeo A Camera interface (CSI) entrada do conector permite conexión de RPF (módulo cámara)
Saídas de vídeo RCA (PAL e NTSC), HDMI (rev 1.3 & 1.4), raw LCD Paneis vía Display Serial Interface (DSI)[13][14]

14 HDMI resolucións dende 640×350 a 1920×1200 estándares PAL e NTSC[15]

Saídas de son 3,5 mm jack, HDMI[16]
Almacenaxe na placa SD / MMC / SDIO card slot (só tarxetas de 3,3 V) Micro SD
Conexións a redes Non 10/100 Ethernet (8P8C) vía USB
Periféricos de baixo nivel 8 × GPIO,[17] UART, I²C bus, SPI bus con dous chip selects, I²S son[18] +3,3 V, +5 V, terra[19]
Enerxía 300 mA (1,5 W)[20] 700 mA (3,5 W) 600 mA (3.0 W)
Fontes 5 voltios vía MicroUSB ou GPIO
Medidas 85,60 × 53,98 mm[21]
Peso 45 g[22]
Sistemas operativos Arch Linux ARM, Debian Linux, Fedora, FreeBSD, Plan 9, Raspbian OS, RISC OS, Slackware Linux

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Raspberry Pi: We are Live
  2. 2,0 2,1 2,2 "FAQs". Raspberry Pi Foundation. Arquivado dende o orixinal o 01-11-2011. Consultado o 06-10-2011. 
  3. Cellan-Jones, Rory (05-05-2011). "A £15 computer to inspire young programmers". BBC News. blog with video 
  4. Price, Peter (03-06-2011). "Can a £15 computer solve the programming gap?". BBC Click. Consultado o 02-07-2011. video report 
  5. Bush, Steve (25-05-2011). "Dongle computer lets kids discover programming on a TV". Electronics Weekly. Consultado o 11-07-2011. Announced by UK games developer David Braben, the device can run Linux and is intended to be a low-cost (£15) way to introduce children to computer science. 
  6. "Introducing turbo mode: up to 50% more performance for free". Raspberrypi.org. Arquivado dende o orixinal o 15-05-2013. Consultado o 20-09-2012. 
  7. Richard Lawler, 29 de febreiro de 2012, Raspberry Pi credit-card sized Linux PCs are on sale now, $25 Model A gets a RAM bump, Engadget
  8. Upton, Liz (04-02-2013). http://www.raspberrypi.org, ed. "Model A now for sale in Europe - buy one today!". Arquivado dende o orixinal o 09-02-2014. Consultado o 04-02-2013. 
  9. "OS Downloads". Consultado o 05 de novembro de 2012. 
  10. Liz Upton (29 de outubro de 2012). "TinyBASIC for Raspberry Pi". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2012. Consultado o 31 de novembro de 2012. 
  11. Bowater, Donna (29 de febreiro de 2012). "Mini Raspberry Pi computer goes on sale for £22". The Daily Telegraph (London). 
  12. 12,0 12,1 "BCM2835 Media Processor; Broadcom". Broadcom.com. 1 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2012. Consultado o 6 de maio de 2012. 
  13. "Raspberry Pi Wiki, section screens". Elinux.org. Consultado o 6 de maio de 2012. 
  14. "diagram of Raspberry Pi with DSI LCD connector". Elinux.org. Consultado o 6 de maio de 2012. 
  15. "Raspberry Pi, supported video resolutions". eLinux.org. 30 de novembro de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2012. 
  16. I2S driver development thread
  17. Pódense usar máis GPIO se non se utilizan os periféricos de baixo nivel.
  18. Desde o lanzamento da revisión 2 do modelo.
  19. "Raspberry Pi GPIO Connector;". Elinux.org. Consultado o 6 de maio de 2012. 
  20. "Power supply confirmed as 5V micro USB". Raspberrypi.org. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2014. Consultado o 25 de xullo de 2012. 
  21. "Final PCB artwork". Raspberrypi.org. 14 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2012. 
  22. "Raspberry Pi FAQ". Raspberrypi.org. Consultado o 6 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar