Raponcio
Raponcio | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Raponcio (Campanula rapunculus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Campanula rapunculus L. 1753 |
O raponcio ou rapuncio[1] (Campanula rapunculus) é unha planta da familia das campanuláceas. Nativa de Europa, aparece brava en Galiza.
Descrición editar
Herba bienal, coa raíz napiforme. Talos erectos, simples, glabros ou lixeiramente hirsutos, de até 100 cm de altura. Follas basais obovadas, pecioladas, as superiores linear-lanceoladas. Flores agrupadas nunha inflorescencia racemosa; dentes do cáliz erectos, setiformes; corola en forma de campá ou en forma de funil, de cor azul clara, algo máis longa que os dentes do cáliz; ovario situado en posición inferior respecto do resto das piezas florais. Froito en cápsula en forma de cono invertido, que se abre por pequenos buratos. Florece na primavera e no verán.
Hábitat editar
Prados, bosques, en carballeiras de cerquiño e piñeirais. Medra en forestas, pasteiros, ribadas, noiros, rochedos etc. desde o nivel do mar ata os 2.100 m.
Requirimentos ecolóxicos editar
Medra no piso colino a plena luz aínda que soporta a sombra; prefire calor. Non require de humidade edáfica, polo que é unha indicadora de sequidade moderada. Crece en pH de 5.5 a 8, polo que é indicadora de alcalinidade. Non necesita nitróxeno no solo.
Distribución editar
Gran parte de Europa, agás Islandia, Irlanda e Noruega. Introducido en Dinamarca, Suecia e Gran Bretaña.
Usos editar
O raponcio usouse como cicatrizante de feridas e como adstrinxente. A súa raíz é comestíbel e emprégase coma aperitivo na preparación de ensaladas.[2]
As follas desta planta son un dos ingredientes do preboggion, mestura de herbas típica da cociña de Liguria.
Taxonomía editar
Campanula rapunculus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 164. 1753.[3]
Campanula: nome xenérico que deriva do latín onde "campanula" significa "campaíña" (campá pequena).
rapunculus: epíteto
- Campanula lusitanica f. bracteosa (Willk.) Cout.
- Campanula lusitanica f. racemoso-paniculata (Willk.) Cout.
- Campanula lusitanica f. verruculosa (Hoffmanns. & Link) Cout.
- Campanula lusitanica var. cymoso-spicata (Willk.) Cout.
- Campanula lusitanica auct.
- Campanula esculenta Salisb.
- Campanula patula var. rapunculus (L.) Kuntze
- Neocodon rapunculus (L.) Kolak. & Serdyuk.[4][5]
- Campanula hyrcania Wettst.
- Campanula lambertiana A.DC.
- Neocodon lambertianus (A.DC.) Kolak. & Serdyuk.[6]
- subsp. rapunculus
- Campanula calycina Boeber ex Schult.
- Campanula castellana Pau
- Campanula coarctata Gilib.
- Campanula decurrens Thore
- Campanula elatior Link & Hoffmanns.
- Campanula fastigiata S.G.Gmel.
- Campanula glandulosa Banks ex A.DC.
- Campanula rapuncula St.-Lag.
- Campanula verruculosa Hoffmanns. & Link
- Campanula virgata A.DC.
- Rapunculus verus Fourr.[7]
Notas editar
- ↑ Nome vulgar galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991 e Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
- ↑ Luceño Garcés, M. (1998). Flores de Gredos. Caja de Ávila. ISBN 9788493020309.
- ↑ Raponcio en Trópicos
- ↑ "Raponcio". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 8 de abril de 2012.
- ↑ "Raponcio en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 20 de marzo de 2014.
- ↑ "subsp. lambertiana en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2014.
- ↑ "subsp. rapunculus en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2014.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raponcio |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Raponcio |
Bibliografía editar
- Lammers, T. G. 1994. Prodromus Monographiae Campanuloidearum.