Raphaël Varane
futbolista francés
Raphaël Varane, nado o 25 de abril de 1993 en Lille, é un futbolista francés. Xoga de defensa central no Manchester United FC da Premier League. Ademais, é internacional coa selección francesa.
Raphaël Varane | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Raphaël Varane | ||
Nacemento | 25 de abril de 1993 (31 anos) | ||
Lugar de nacemento | Lille | ||
Altura | 1,91 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Manchester United | ||
Número | 19 | ||
Carreira xuvenil | |||
2000–2002 | Hellemmes | ||
2002–2010 | Lens | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2011 | Lens | 23 | (2) |
2011–2021 | Real Madrid | 236 | (8) |
2021– | Manchester United | 24 | (1) |
Selección nacional | |||
2010 | Francia sub-18 | 2 | (1) |
2012 | Francia sub-20 | 1 | (0) |
2011–2012 | Francia sub-21 | 15 | (3) |
2013– | Francia | 86 | (5) |
Na rede | |||
http://www.raphael-varane.net | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de agosto de 2022. Selección: actualizado a 5 de xuño de 2022.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Varane comezou nas categorías inferiores do RC Lens, e comezou a adestrar co primeiro equipo na tempada 2010-11, sendo suplente en varios partidos. O 7 de novembro de 2010, fixo o seu debut coma profesional nun partido de liga contra o Montpellier HSC.[1]
O 27 de xuño de 2011, fíxose oficial o traspaso de Varane ó Real Madrid CF. Asinou un contrato de seis anos, e o custo do traspaso foi de 10 millóns de euros.[2]
Palmarés editar
Club editar
- Real Madrid
- Primeira División (1): 2011–12
- Copa do Rei (1): 2013–14
- Supercopa de España (1): 2012
- Liga de Campións da UEFA (1): 2013–14
Notas editar
- ↑ "Lens v. Montpellier Match Report" (en francés). Ligue de Football Professionnel. 6 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2012. Consultado o 6 de novembro de 2010.
- ↑ "Raphaël Varane firma su contrato con el Real Madrid". Real Madrid C.F. 27 de xuño de 2011. Consultado o 27 de xuño de 2011.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil no sitio web oficial do Real Madrid
- Perfil en UEFA.com Arquivado 01 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)