Randy Foye

baloncestista estadounidense

Randy Foye, nado o 24 de setembro de 1983 en Newark, Nova Jersey, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente é axente libre. Mide 1,93 metros e pode xogar de escolta ou de base.

Randy Foye
Axente libre
Posición Escolta / Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 24 de setembro de 1983 (40 anos)
Newark, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 97 kg (213 lb)
Información da carreira
Instituto East Side, Newark
Universidade Villanova (2002–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 7
Por Boston Celtics
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Minnesota Timberwolves (2006–2009)
Washington Wizards (2009–2010)
Los Angeles Clippers (2010–2012)
Utah Jazz (2012–2013)
Denver Nuggets (2013–2016)
Oklahoma City Thunder (2016)
Brooklyn Nets (2016–2017)
Premios e galardóns
1º Equipo Rookies NBA (2007)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

Foye xogou os seus anos de universidade nos Wildcats da Universidade de Villanova. Foi seleccionado sétimo no Draft da NBA de 2006 polos Boston Celtics, aínda que foi traspasado de inmediato aos Portland Trail Blazers, os cales o intercambiaron por Brandon Roy dos Minnesota Timberwolves. Foye estudou na East Side High School, onde gañou o premio de "New Jersey Player Of The Year", antes de ser adquirido por Villanova.

O 8 de xullo de 2010, Foye asinou cos Los Angeles Clippers.[1]

O 25 de xullo de 2012, Foye fichou polos Utah Jazz.[2] Durante a súa única tempada en Utah, conseguiu o récord da franquía de máis triplas anotadas nun ano, con 178 anotadas de 434 intentos, cunha porcentaxe do 41%.

O 10 de xullo de 2013, Foye foi traspasado ós Denver Nuggets, como parte dun traspaso entre os Golden State Warriors, os Jazz e os propios Nuggets.[3] O 23 de decembro de 2015, Foye anotou 31 puntos, a súa maior anotación da tempada, na vitoria dos Nuggets por 104-96 contra os Phoenix Suns.[4]

O 18 de febreiro de 2016, Foye foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio de D.J. Augustin, Steve Novak e dúas eleccións da segunda rolda do Draft.[5] Tres días máis tarde fixo o seu debut cos Thunder na derrota por 115-92 contra os Cleveland Cavaliers, facendo dous puntos e unha asistencia en 14 minutos de xogo.[6]

Vida persoal editar

Medicamente, Randy ten a estraña condición de situs inversus, é dicir, ten todos os órganos do seu corpo trocados de lado, coma se unha persoa normal se mirase nun espello, é dicir, que ten por exemplo o corazón inclinado cara ao lado dereito. O pai de Randy morreu nun accidente de moto cando Randy tiña tres anos de idade e a súa nai abandonouno a el e ao seu irmán nun xardín infantil e nunca máis a volveron a ver. Foye achegouse moito aos seus amigos do barrio cos que aprendeu a xogar ao baloncesto, ata que anos despois recibiu bolsas e axudas do estado.

Notas editar

  1. "CLIPPERS SIGN FREE AGENT GUARD RANDY FOYE". NBA.com. 8 de xullo de 2010. Consultado o 9 de xullo de 2010. 
  2. Jazz Agrees to Terms with Guard Randy Foye
  3. "Denver Nuggets Acquire Randy Foye In Three-Team Trade". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 10 de xullo de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  4. "Foye scores 31 points, Nuggets bounce back to beat Suns". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 23 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2015. 
  5. "Thunder Acquires Randy Foye". NBA.com. 18 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  6. "Love scores 29, leads Cavaliers past Thunder 115-92". NBA.com. 21 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar