Rand surafricano
South African Rand (inglés)
Suid-Afrikaanse rand (afrikaans)
Código:ZAR
Ámbito: Suráfrica

Lesoto (xunto co Loti)
Namibia (xunto do dólar namibio)
Eswatini (xunto co Lilangeni)

Cimbabue (xunto co dólar cimbabuense e outras divisas)
Símbolo:R
Fracción:100 (cents)
Moedas:5, 10, 20 e 50 c
1, 2 e 5 R
Billetes:10, 20, 50, 100 e 200 R
Emisor:Banco de Reserva de Suráfrica
Taxa de troco:
17-06-2016
1 EUR = 17,12 ZAR
1 USD = 15,20 ZAR
Troco actual

O rand (código ISO 4217: ZAR) é a moeda de curso legal de Suráfrica. Toma o seu nome dos Witwatersrand (Cerros de Augas Brancas en afrikaans), unha elevación sobre a que está asentada a cidade de Johannesburgo, e onde se acharon os maiores xacementos de ouro en Suráfrica.

O rand tamén circula nos países veciños de Namibia, Eswatini e Lesoto, integrantes da Área Monetaria Común. Tamén circula en Cimbabue xunto a outras moitas divisas debido á hiperdevaluación que sufriu a súa moeda nacional.

Historia editar

O rand introduciuse en 1961 coa fundación da República Surafricana. Substituíu a libra surafricana cunha taxa de troco de 2 ZAR = 1 £ = 10 xilins.

Breve historia do tipo de troco editar

Dende o momento da introdución do rand en 1961, e ata 1982, a moeda surafricana tiña un valor superior ao do dólar, porén o seu valor comezou a diminuír debido á presión internacional, xunto con sancións contra o país provocadas pola política surafricana do apartheid. A primeira vez que o rand rompeu a súa paridade co dólar foi en marzo de 1982, que continuou cambiándose entre 1 e 1,30 ZAR por dólar ata xuño, momento no que a depreciación gañou forza. En febreiro de 1985 o rand cotizábase a 2 ZAR = 1 USD e en xullo do mesmo ano o troco de divisas estranxeiras prohibiuse durante tres días para impedir unha maior depreciación.

Cando o Presidente Pieter Willem Botha deu o seu discurso o 15 de agosto de 1985, o troco reducírase a R2,40 por dólar. A moeda recuperouse algo entre 198688, cotizando cerca do nivel dos R2 a meirande parte do tempo e ata superando o devandito nivel esporadicamente. A recuperación foi con todo efémera e cara a finais de 1989 o rand cotizaba en niveis de máis de R2,50 por dólar.

A principios dos anos '90 o sentimento de que a maioría da poboación negra tería certa participación na vida política e se anunciarían reformas nese aspecto, a incerteza sobre o futuro do país apresurou a depreciación ata que o nivel de R3 por dólar foi traspasado en novembro de 1992. Un sen fin de acontecementos locais e internacionais influíron logo sobre o tipo de troco, como as eleccións democráticas de 1994 que o viron debilitarse a R3,60 por dólar, a elección de Tito Mboweni coma o novo gobernador do Banco da Reserva Surafricana e a asunción do Presidente Thabo Mbeki en 1999 que o viu depreciarse sobre R6 por dólar. O polémico programa de reformas agrarias que se iniciou en Cimbabue, seguido dos ataques do 11 de setembro de 2001, propulsaron o rand ao seu nivel histórico máis feble de R13,84 por dólar en decembro de 2001.

Esta depreciación repentina en 2001 levou a unha investigación formal, que pola súa parte conduciu a unha espectacular recuperación. Cara a finais de 2002, a moeda cotizaba por debaixo dos R9 por dólar outra vez, e a finais de 2004 cotizaba por debaixo dos R5,70. A moeda depreciouse un tanto en 2005, e cotizaba arredor de R6,35 por dólar a finais de ano. Porén a principios de 2006, a moeda retomou a súa recuperación, e dende o 19 de xaneiro de 2006 cotizaba por debaixo de R6 por dólar outra vez.

Moedas e billetes editar

 
Antigos billetes e moedas de rand.

Emitidos polo Banco de Reserva de Suráfrica (en inglés South African Reserve Bank, en afrikaans Suid-Afrikaanse Reserwebank, en zulú LiBhangi leSilulu leNingizimu Afrika, en xosa IBhanki Enguvimba yoMzantsi Afrika etc.), hai en circulación moedas de 5, 10, 20 e 50 céntimos e de 1, 2 e 5 rands, e billetes de 10, 20, 50, 100 e 200 rands. Os novos billetes levan inscricións nas once linguas oficiais surafricanas: afrikaans, inglés, ndebele, sesotho sa leboa, sesotho, swazi, tsonga, tswana, venda, xosa e zulú.

Taxas de troco editar

  • 1 EUR = 15,30 ZAR (2015-09-09).
  • 1 USD = 13,70 ZAR (2015-09-09).

Véxase tamén editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar