Ramones (orixinalmente The Ramones) foi unha influente banda de punk rock formada en Forest Hills, na comuna de Queens, Nova York, Estados Unidos no ano 1974. O grupo foi pioneiro do nacente xénero punk rock, un son simple, minimalista e repetitivo que evitaba a musicalidade dos sós de guitarra das bandas dos anos 1970. O xénero consistía basicamente nun son cru, rápido e directo con influencias directas nos grupos rockabilly dos anos 1950 e de bandas como New York Dolls, MC5 e The Stooges que, co tempo, serían cualificadas como proto-punk.

OrixeForest Hills, Queens, Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1974 - 1996
Xénero(s)punk rock
Selo(s) discográfico(s)Sire, Philips, Beggars Banquet, Radioactive, Chrysalis
Antigos membrosDee Dee Ramone
Johnny Ramone
Joey Ramone
Tommy Ramone
Marky Ramone
Richie Ramone
Elvis Ramone (Clem Burke)
C. J. Ramone
Na rede
https://www.ramones.com/
IMDB: nm0708506 Facebook: theramones Twitter: RamonesOfficial Instagram: ramones Youtube: UCSrA5JaXpR21z_E1FDA03RA Souncloud: ramones Spotify: 1co4F2pPNH8JjTutZkmgSm iTunes: 60715 Last fm: Ramones Musicbrainz: d6ed7887-a401-47a8-893c-34b967444d26 Songkick: 99871 Discogs: 135478 Allmusic: mn0000490004 Deezer: 49596422 Genius: Ramones Editar o valor em Wikidata

Os Ramones liderou o movemento punk da primeira onda en Nova York, ao momento que moitas veces considérana a fundadora musical do punk rock nos Estados Unidos, como aos Sex Pistols en Inglaterra. En CBGB compartiron escenario con Television, The Heartbreakers, Blondie e Richard Hell, entre outros grupos.

A banda disolveuse en 1996, logo de culminar o último show da súa xira mundial na Arxentina para logo retirarse no festival Lollapalooza. En 2002 foron incluídos no Salón da Fama do Rock.

Historia editar

1974-1979 editar

Ramones tivo os seus inicios en Forest Hills (Queens) no ano 1974. John Cummings (Johnny Ramone) foi o fundador da banda que ao principio estaba orixinalmente formada Jeffry Hyman (Joey Ramone) na batería, Douglas Glenn Colvin (Dee Dee Ramone) no baixo e eventualmente voz e algún vocalista ocasional. O grupo comezou a ensaiar con esa formación temas rápidos e curtos nun garaxe ata que, co tempo, a formación foi reconstituída xa que Dee Dee sentíase incómodo tocando e cantando ao mesmo tempo. A nova formación foi con Johnny en guitarra, Dee Dee en baixo, Joey en voz e Tomás Erdélyi (Tommy Ramone), que ata ese entón fora o director da banda, na batería. A música dos Ramones (apelido que utilizaba Paul McCartney para rexistrarse nos hoteis) caracterizouse pola súa rapidez tempística e simplicidade instrumental, factores que serían característicos na escena punk neoiorquina.

Influenciados polos stooges , The Velvet Underground e os New York Dolls , sumado ó famoso peche electrico como se bautizou o son do guitarrista Jhonny Ramone e a voz nasal de Joey vaise formando o típico son Ramones. As letras das súas composicións trataban de temas triviais dos adolescentes . Co son redondeado, os temas listos e as gastadas campeiras de coiro que foron ao longo do tempo a súa marca estética, a banda tocou por primeira vez no CBGB de Nova York, lugar que por entón era o sitio de reunión do nacente movemento punk.O seu primeiro show foi o 16 de agosto de 1974 ante media ducia de persoas onde tocaron un acelerado set de vinte temas en 17 minutos. Logo diso, o dono do lugar, Hilly Cristal, díxolles "non lle van a gustar a ninguén, pero os espero de volta". Pero como toda banda de rock apréciase mais en vivo, Os Ramones non eran a excepción, os seus recitais curtos eran unha metralladora de temas rápidos e simples que pegaron forte no público que aos poucos se iría sumando a presenciar os electrizantes shows.

 
Joey Ramone

Entre o 2 e o 19 de febreiro de 1976, e con 6.400 dólares de gastos, gravaron do seu primeiro álbum, ao que chamaron simplemente Os Ramones, que contén 14 simples e rápidos temas , incluíndo o movedizo cover Let's dance. A encargada de gravalo foi Sire Records, unha pequena discográfica descoñecida ata o momento, e o produtor foi Craig Leon. Cando o disco saíu á venda, acusóuselles de ser unha ofensa nacional polas súas letras, a súa fachada e a velocidade coa que tocaban. Os temas máis destacados son o clásico Blitzkrieg Bop , Havana Affair, I Wanna Be Your Boyfriend , Beat On the Brat entre outros.

Aínda en 1976, un empresario inglés contratou aos Os Ramones e levounos ao seu país para tocar no Roundhouse de Londres. Ao longo das tres funcións que ofreceron (a primeira foi o 4 de xullo) un público ávido de música diferente ao popular rock progresivo da época ovacionounos. Entre ese xentío, atopábanse quen máis tarde se converterían na outra rama importante da primeira onda do punk: Johnny Rotten, Sid Vicious, Joe Strummer, Paul Simonon, Captain Sensible e Paul Cook, integrantes Sex Pistols, The Clash e The Damned, ademais de Malcolm McLaren, director dos Sex Pistols. Ese recital foi considerado histórico tantos polos que estaban no ecenario como polos que estaban debaixo.

En 1977 foi emitido o segundo traballo musical do grupo, Leave Home, e un ano despois, encheron o popular Palladium da súa cidade de orixe. Máis tarde ese mesmo ano, Os Ramones lanzou Rocket to Russia e emprendeu unha xira xunto a Iggy Pop, un dos ídolos dos integrantes. En 1978, Tommy deixou a posición de batería para dedicarse unicamente á produción do grupo. O seu último show foi o 4 de maio dese ano nun recital a beneficio do batería de Dead Boys Johnny Blitz e, pouco despois, decidiuse que Marc Bell (Marky Ramone) sexa o seu reemplazante.

A partir da deserción de Tommy, Johnny tomou un rol máis participativo na composición e os conflitos entre el e Joey comezaron a aparecer. Pola súa banda, Joey salientaba na necesidade de emitir un álbum que sexa exitoso e popular, mentres que Johnny non consideraba prioritaria a popularidade do grupo. O resultado foi a diversidade estilística entre o pop ("Don't Come Close" e "Needles & Pins" por exemplo) e o punk rock clásico ("I Wanna Be Sedated") de Road to Ruin, editado en 1978.

En 1979, Os Ramones, lanzou ao mercado o álbum en directo It's Alive, gravado o 31 de decembro de 1977 no Rainbow Theatre de Londres. O disco incluía vinte e oito temas tocados a unha gran velocidade e potencia. Ese ano tamén aparicieron nunha película de clase B dirixida por Allan Arkush chamada Rock 'n' Roll High School para a cal gravaron algúns temas da banda sonora.

1980-1989 editar

En 1980 foi lanzado ao mercado End of the Century, o único disco do grupo producido por Phil Spector xa que buscaban chegar ao público masivo apuntando mais á melodía pop. O estilo perfeccionista de Spector contrastou coa disciplina imposta ata ese entón por Tommy, que non soamente se encargara de coproducir os seus primeiros álbums senón que tamén foi responsable do "concepto Ramone". A pesar de todo o disco non triunfou como se esperaba.

Un ano máis tarde, Os Ramones gravou Pleasant Dreams, producido polo ex integrante de 10cc Graham Gouldman. A crítica musical coincidiu en xeral respecto ao cambio do estilo ramoneiro a un claramente máis ligado ao pop. Aínda así, na súa maioría os fanáticos da banda deron o visto e prace a Pleasant Dreams e converteron en hits os temas "She's a Sensation" e "Don't Go". Ese mesmo ano, a banda tamén substituíu a súa directora Danny Fields por Gary Kurfirst.

O grupo non volveu gravar ata 1983, cando foi emitido Subterranean Jungle, un álbum que trouxo aparellado distintas polémicas entre os seus seguidores e pelexas internas entre Dee Dee, Joey e Johnny. Ao mesmo tempo, Marky Ramone deixou a banda por problemas de alcoholismo durante a gravación do disco polo cal Billy Rogers debeu tocar a batería no tema "Time Has Come Today".

Pouco despois ese ano, Johnny debeu ser operado e estivo a piques de morrer por mor dunha pelexa. Como consecuencia das saídas de Marky e Johnny (aínda que este último temporalmente), a continuidade d'Os Ramones cambaleou. Con todo, o lugar da batería foi ocupado por Richard Reinhardt (Richie Ramone) e dous anos máis tarde, con Johnny Ramone finalmente recuperado, saíu á venda Too Tough to Die (en galego "demasiado forte para morrer", nome elixido en honra ao incidente de Johnny). Deste disco tamén saíu o seu primeiro número un nunha clasificación, "Howling at the Moon".

No ano 1986 Os Ramones lanzaron o seu noveno álbum de estudio, Animal Boy, un disco endurecido e con son máis heavy. Ademais, o grupo obtivo o premio "single do ano" nos New York Music Awards grazas a "Bonzo Goes to Bitburg" (renombrado para os Estados Unidos "My Brain Is Hanging Upside Down"), un tema que trataba sobre a recente visita do presidente norteamericano Ronald Reagan ao cemiterio de Bitburg onde foran enterrados varios dos falecidos membros da SS nazi. Un anos despois, Animal Boy gañou o premio a mellor álbum no New York Music Awards. Nese mesmo ano, o grupo lanzou Halfway to Sanity onde Debbie Harry, cantante de Blondie, prestou a súa colaboración para a canción "Go Lil' Camaro Go".

 
Johnny Ramone

En 1988 emitiuse o álbum recompilatorio dobre Os Ramones Mania e o escritor Stephen King propúxolles compor o tema central para a película Pet Sematary, baseada nun libro da súa autoría. En 1989 a banda editou Brain Drain onde lograron un son máis prolixo e coidado. O álbum foi o primeiro d'Os Ramones con Chrysalis Records e, ademais, foi o último con Richie na batería, xa que Marky regresou recuperado dos seus problemas co aclohol, e de Dee Dee como baixista, xa que decidiu emprender unha carreira solista como rapeiro onde non tivo moito éxito. Christopher John Ward (C.J. Ramone), un fanático da banda de 18 anos, ingresou como o seu reemplazante brindándolle ao grupo un aire de renovación. C.J. foi rexeitado nun principio dado que Dee Dee era moi popular entre os fanáticos pero, co tempo, o baixista gañouse a aprobación do público.

1990-1996 editar

En xaneiro de 1990 Joey Ramone sufriu un accidente durante unha presentación no Ritz de Nova York no cal tivo unha rotura de ligamentos cruzados na súa perna que lle obrigou a manter seis semanas de repouso. Ese ano, Sire Records lanzou All the Stuff (And More), un álbum dobre onde se incluíron versións reeditadas das súas dous primeiros discos e outros demos e temas inéditos.

Pouco despois, o grupo viaxou Toronto e actuou na película de Bill Fishman Car 54, Where Are You?, filme inspirado nunha serie que levaba o mesmo nome transmitida a fins dos anos 1960. Ademais, Ramones presentáronse no Canadá, Bélxica, Suecia e Finlandia e tocaron no primeiro festival de música realizado logo da reunificación de Alemaña. Nos shows tocaron novamente xunto a Iggy Pop e en Bélxica fixérono con Sonic Youth e The Pogues.

No ano 1991 editouse Loco Live, un álbum gravado en vivo en España. Á súa vez, o 26, 27 e 28 de abril de 1991 Os Ramones fixeron a súa segunda incursión en Buenos Aires, Arxentina presentándose no estadio de Obras Sanitarias. En xullo dese ano, Marky e Joey participaron como panelistas do seminario Rock the Vote, unha entidade encargada do rexistro de votantes e a adopción de incentivos para que a xente participe na política activamente. Os Os Ramones filmaron un vídeo para esta organización que se difundiu por MTV.

Un ano máis tarde a banda gravou Mondo Bizarro, álbum editado por Radiactive Records e producido por Ed Stasium que contou novamente coa participación de Dee Dee Ramone na composición. O 16 de setembro Os Ramones presentouse novamente na Arxentina realizando catro shows a sala chea no estadio de Obras Sanitarias.

O próximo disco do grupo foi Acid Eaters, un álbum de covers de temas dos anos 1960 gravado en tan só unha semana. En 1995, dous anos logo de Acid Eaters, o grupo gravou o que sería o seu último álbum de estudio, ¡Adios Amigos!, onde Daniel Rei e Dee Dee Ramone colaboraron activamente na composición. É este último disco no que se volveu ao son Ramone puro rápido e simple.

Máis tarde ese ano, Os Ramones presentouse 6 días seguidos a sala chea no estadio de Obras Sanitarias da Arxentina. Foron os seus abreconcertos bandas importantes da escena punk arxentinas como Flema, 2 minutos, Doble Fuerza, Mal Momento, Cadena Perpetua e Superuva e, por primeira vez, o grupo tocou "Spider-Man" e "R.A.M.O.N.E.S." (unha canción que compuxo Lemmy Kilmister a modo de homenaxe) en vivo.

O 26 de febreiro de 1996 a banda tocou en The Academy, Nova York nun recital que daría lugar ao álbum en directo Greates Hits Live. O 16 de marzo dese ano Os Ramones volveu unha vez máis á Arxentina para dar o seu último concerto en Suramérica e, segundo o que calcularan, o último da súa carreira. O grupo encheu o estadio Monumental do Club Atlético River Plate con 45.000 persoas presenciando o recital. Con todo, pouco despois Os Ramones decidiu tocar nalgúns recitais do festival Lollapalooza nos Estados Unidos antes da súa separación. O seu último recital foi o 6 de agosto de 1996, en The Palace, Os Ánxeles e o seu último disco, We're Outta Here, contén a gravación dese show.

O recoñecemento chegoulles tarde, xa que foi unha banda que nunca triunfo no seu país natal. Os Ramones case nunca compartian cartel ou xiras con outras bandas xa que se consideraba que opacaban a outros conxuntos e pasado os anos , as bandas novas non se animaban a pedirlles que fosen os seus soportes xa que creian que era unha falta de respecto ao grupo de Nova York. Outra consecuencia era que as radios non querían pasar as súas cancións polo seu contido. Todo o contrario en Suramérica onde tivo un éxito irresistible en países como o Brasil e a Arxentina, onde teñen millóns de fanáticos.

Membros editar

Os membros da banda adoptaron o apelido "Ramone", baseándose nun pseudónimo utilizado por Paul McCartney nunha das súas estancias cos Beatles en Hamburgo (Paul Ramone).

Membros orixinais editar

  • Joey Ramone (19 de maio de 1951 - 15 de abril de 2001) (nome real Jeffry Hyman) (voz)
  • Johnny Ramone (8 de outubro de 1948 - 15 de setembro de 2004) (nome real John Cummings) (guitarra)
  • Dee Dee Ramone (18 de setembro de 1952 - 5 de xuño de 2002) (nome real Douglas Glen Colvin) (baixo) (1974-1989)
  • Tommy Ramone (29 de xaneiro de 1949) (nome real Thomas Erdelyi) (batería) (1974-1978)

Membros posteriores editar

Os membros que se incorporaron máis adiante á banda tamén adoptaron o apelido "Ramone":

  • Marky Ramone (15 de xullo de 1956) (nome real Marc Bell) (batería)
  • Richie Ramone (11 de agosto de 1957) (nome real Richard Reindhart) (batería)
  • CJ Ramone (8 de outubro de 1965) (nome real Christopher Joseph Ward) (baixo)
  • Elvis Ramone (24 de novembro de 1955) (nome real Clem Burke e que apenas participou en dous concertos da banda) (batería).

Un membro anterior, Ritchie Ramone (non confundir con Richie Ramone), deixou a banda antes do primeiro disco. O texto "Here lies Ritchie Ramone" ("Aquí xace Ritchie Ramone") pódese observar nunha lápida nun debuxo do interior do álbum Rocket to Russia.

Mortes editar

Joey Ramone morreu de linfoma o 15 de abril de 2001 en Nova York. Mentres estaba escoitando a canción "In A Little While" de U2. (En xuño de 2001, nun concerto en Boston, Bono dixo que a canción trataba sobre unha resaca, pero Joey converteuna nunha canción gospel).

Dee Dee Ramone apareceu morto na súa casa de Hollywood o 5 de xuño de 2002, por unha sobredose de heroína. O compositor máis activo da banda planeara realizar unha xira polo Brasil, tocando os clásicos da banda de Queens.

Johnny Ramone morreu dun cancro de próstata o 15 de setembro de 2004, nos Ánxeles.

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Álbum Ano Selo
Ramones 1976 Sire Records, Philips Records
Leave Home 1977 Sire Records, Philips Records
Rocket to Russia 1977 Sire Records, Philips Records
Road to Ruin 1978 Sire Records
End of the Century 1980 Sire Records
Pleasant Dreams 1981 Sire Records
Subterranean Jungle 1983 Sire Records
Too Tough to Die 1984 Sire Records, Beggars Banquet Records
Animal Boy 1986 Sire Records, Beggars Banquet Records
Halfway to Sanity 1987 Sire Records, Beggars Banquet Records
Brain Drain 1989 Sire Records, Chrysalis Records
Mondo Bizarro 1992 Radioactive Records, Chrysalis Records
Acid Eaters 1993 Radioactive Records, Chrysalis Records
¡Adios Amigos! 1995 Radioactive Records, Chrysalis Records

Recompilacións e tributos editar

  • Ramones Mania, 1988
  • All The Stuff Volume 1, 1990
  • All The Stuff Volume 2, 1990
  • Ramones Mania 2, 1995
  • Hey Ho! Let's Go: The Anthology (The Best Of 1975-1996), 1999
  • Loud, Fast Ramones: Their Toughest Hits (The Best Of 1975-1996), 2002
  • We're A Happy Family, 2003 álbum tributo
  • Gabba Gabba Metal, 2004 álbum tributo a cargo de bandas de Hard Rock e Metal
  • Todos Somos Ramones, 2005 álbum tributo
  • The Chrysalis Years,2004

En directo

  • It's Alive, 1979 (gravado en Londres o 31 de decembro de 1977)
  • Loco Live, 1991 (gravado en Barcelona en marzo de 1991)
  • Greatest Hits Live, 1996 (gravado en Nova York o 29 de febreiro dese mesmo ano)
  • We're Outta Here, 1997 (gravado durante o derradeiro concerto da banda, nos Ánxeles o 6 de agosto de 1996)
  • NYC 1978 2003 (gravado en Nova York o 7 de xaneiro de 1978)