Ramiro de Maeztu y Whitney, nado en Vitoria o 4 de maio de 1875 e finado en Madrid o 29 de outubro de 1936, foi un destacado escritor español pertencente á xeración do 98.

Ramiro de Maeztu
Nome completoRamiro de Maeztu y Whitney
AlcumeRotuney, Cualquiera e Van Poel Krupp
Nacemento4 de maio de 1874
Lugar de nacementoVitoria
Falecemento29 de outubro de 1936
Lugar de falecementoAravaca
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpoeta, escritor, diplomático, crítico literario, xornalista e político
PaiManuel de Maeztu Rodríguez
NaiJuana Whitney
FillosJuan Manuel de Maeztu y Hill
IrmánsGustavo de Maeztu e María de Maeztu
Coñecido porHacia otra España
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Fillo de nai inglesa e pai español, pasou a súa xuventude entre París e A Habana iniciándose no xornalismo. Transladouse a Madrid en 1897, iniciando unha importante colaboración con diversos xornais e revistas, como Germinal, El País, Vida Nueva, La España Moderna ou El Socialista, iniciando tamén amizade con varios intelectuais como Azorín ou Pío Baroja. Xunto a eles formou o chamado grupo dos tres, sendo autor destacado da xeración do 98.