Ramón de Carranza

militar e político galego

Ramón de Carranza y Fernández de la Reguera, nado en Ferrol o 16 de abril de 1863 e finado en Cádiz o 13 de setembro de 1937, foi un político, militar e empresario galego. Desenvolveu boa parte da súa carreira en Cádiz, cidade da que foi alcalde entre 1927 e 1931, e novamente entre 1936 e 1937. Foi deputado en Cortes en varias ocasións.

Infotaula de personaRamón de Carranza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ramón de Carranza y Fernández de la Reguera Editar o valor em Wikidata
16 de abril de 1863 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Cádiz, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas

30 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir
Alcalde
Senador de España
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , propietario , oficial da armada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé León de Carranza (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Naceu en Ferrol o 16 de abril de 1863[1] no seo dunha familia militar.

Ingresou na Escola Naval en 1876[2], aos trece anos, onde comezou a carreira de mariño. Estando de agregado naval en Washington ao estalar o conflito cos Estados Unidos, participou na Guerra de Cuba ao mando do canoneiro Contramaestre, polo que se lle outorgou a Cruz Laureada de San Fernando. Continuou coa súa carreira militar ata que en 1930 alcanzou o rango de contraalmirante da Armada en situación de retirado,[3] e marqués da Vila de Pesadilla.

Carreira política editar

Destinado a Cádiz en 1886, desde aquel momento quedou ligado coa capital gaditana.[3]

Tras as eleccións de 1903 foi designado deputado a Cortes polo distrito de Alxeciras,[4] dentro das filas do Partido Conservador; nas eleccións de 1919 volveu obter acta de deputado, esta vez polo distrito de El Puerto de Santa María.[5] Ademais, entre 1910 e 1917 foi Senador do Reino.[6] Sendo un destacado membro da oligarquía gaditana e andaluza, coa recomendación de José María Pemán (Unión Patriótica) foi designado alcalde non electo de Cádiz durante a ditadura de Primo de Rivera, substituíndo ao anterior alcalde, Agustín Blázquez y Paúl en xullo de 1927 e durante o Goberno do Xeneral Berenguer, até o 14 de abril de 1931, ao proclamarse a Segunda República. Durante o seu mandato acometéronse en Cádiz algunhas obras urbanas, como a construción da Praza de Touros, o edificio do cine Municipal na Praza do Palillero e empezouse a construír o que logo sería o Hotel Playa, ademais do Hotel Atlántico.[7]

Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 a súa candidatura foi a máis votada, o que constituíu unha excepción naquelas eleccións que deron paso á Segunda República.[8] A pesar de ser o gañador dos comicios, por orde do goberno tivo que abandonar a alcaldía. Concorreu ás eleccións xerais de 1933 e 1936, logrando obter acta de deputado en ambos os comicios.[8] Para entón militaba no partido dereitista Renovación Española.[9]

Guerra civil editar

Tras o estalido da Guerra civil, o 18 de xullo de 1936, chegou de novo a Cádiz desde Sevilla en avioneta,[10] mostrando a súa completa disposición aos sublevados, o que lle valeu para facerse de novo co cargo o día 29 do mesmo mes. Tamén asumiu brevemente o cargo de gobernador civil de Cádiz.[11] Gravemente enfermo, abandonou o seu cargo como alcalde o 16 de xullo de 1937.[8] Faleceu pouco despois, o 13 de setembro de 1937,[8] aos 74 anos de idade.

Asistiron ao seu enterro numerosas personalidades tanto de Cádiz como doutras provincias andaluzas.[12]

Vida privada editar

Casou coa rica herdeira Josefa Gómez Aramburu e tiveron varios fillos. O fillo máis vello foi José León de Carranza, que tamén foi alcalde de Cádiz. Outro dos fillos foi Ramón de Carranza Gómez, que foi alcalde de Sevilla, presidente da Deputación Provincial de Sevilla, procurador en Cortes e presidente do Sevilla F.C.

Recoñecementos editar

A cidade de Cádiz dedicoulle a avenida principal da extensión da cidade nos 80, aínda que en 2017 retiróuselle a dedicatoria pola súa participación no golpe e posterior represión franquista.[13]

O estadio do Cádiz Club de Fútbol levou o nome de Estadio Ramón de Carranza desde a súa construción en 1955 até 2021, cando se renomeou como Estadio Nuevo Mirandilla. Leva o seu nome o prestixioso torneo de verán Trofeo Ramón de Carranza.

Alcalde de Cádiz

Segue a:
Agustín Blázquez y Paúl
Ramón de Carranza
Precede a:
Emilio de Sola Ramons
Ditadura de Primo de Rivera
Alcalde de Cádiz

Segue a:
Eduardo Aranda Asquerino
Ramón de Carranza
Precede a:
Juan Luis Martínez del Cerro y Picardo
Franquismo

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Álvarez Rey, Leandro (2009). Los Diputados por Andalucía de la Segunda República, 1931-1939: diccionario biográfico (en castelán). Centro de Estudios Andaluces. 
  • Kramer, Andrés M. (1981). La Mecánica de guerra civil. España, 1936 (en castelán). Edicions Península 62. 
  • Núñez Calvo, Jesús Narciso (2004). General Varela. Diario de Operaciones, 1936-1939. (en castelán). Almena Ediciones. 
  • Ortiz Villalba, Juan (2006). Del golpe militar a la Guerra Civil. Sevilla 1936 (en castelán). RD Editores. ISBN 8493474185. 
  • Ponce Alberca, Julio (2008). Guerra, Franquismo y Transición. Los gobernadores civiles en Andalucía (1936-1979) (en castelán). Centro de Estudios Andaluces. ISBN 978-84-691-6712-0.