Ramón Ángel
Ramón Ángel Rey, nado en Vigo o 5 de setembro de 1970, é un batería de jazz. Comezou estudando en Vigo con Fernando Llorca. No 1996 marchou a Boston ao Berklee College of Music, onde cofundou o Abe Rábade Trio con Paco Charlín e co propio Abe Rábade. Trala súa saída deste grupo en 2003, ten varios proxectos, entre eles outro trío con Paco Charlín e Santiago Quintáns, que xa comezara en 1995.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1970 (53 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | batería |
Xénero artístico | Jazz |
Lingua | Lingua castelá |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Discos editar
Abe Rabade Trio:
- Charles Neville "The Painter" (2001)
- Babel de Sons (2001)
- Simetrías (2002)
- Abe Rábade GHU! Project (2003)