Rally de Vigo de 1990

proba automobilística

O Rally de Vigo de 1990 foi a terceira edición de dito rally e a primeira proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally.[1] Celebrouse en Vigo o 31 de marzo de 1990 e o vencedor foi Jorge Pérez, a bordo dun Renault 5 GT Turbo.[2]

Rally Recalvi de 1990
CategoríaGalicia Galicia
OrganizadorEscudería Motor Vigo
Escudería Rías Baixas
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos8
Distancia tramos53
Gañadores
Piloto campiónGalicia Jorge Pérez
AnteriorRally de Vigo de 1989
SeguinteRally de Vigo de 1991

Itinerario editar

Constou de catro treitos a catro pasadas por cada un deles. Incluíuse como novidade un treito inicial en Praia América, cuxo percorrido sorpresa non foi publicado ata pouco antes da carreira, para que non se puidese adestrar nel. Os outros tres treitos foron os habituais dos anos anteriores: Vilaza, Camos e Chenlo. En total percorréronse 220 quilómetros, dos cales 53 foron cronometrados.[1]

Resumo editar

Coa ausencia do campión do ano pasado, Carlos Piñeiro, o favorito para a vitoria era Arturo Rial.[3] Con todo, o piloto de Noia tivo que abandonar por mor dos múltiples problemas que estaba tendo co cambio do seu Citroën AX Sport. Isto foi aproveitado por Jorge Pérez e Luis Pérez, sobre un Renault 5 GT Turbo, para lograren a vitoria, primeira e única na súa traxectoria no campionato galego.[2] En segunda posición quedou o equipo ourensán formado por Alfonso Pavón e Guillermo Díez, a bordo doutro Renault 5 GT Turbo. En terceira posición chegaron Manuel Senra e José Maceiras, que con todo sabían de antemán que o seu resultado non contaba para a clasificación final, pois o Peugeot 309 GTI 16v que estreaban non estaba homologado. Dese xeito, a terceira posición do podio foi ocupada por Juan Carlos Táboas (Citroën AX Sport).[2]

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo
1   Jorge Pérez   Luis Pérez Renault 5 GT Turbo
2   Alfonso Pavón   Guillermo Díez Renault 5 GT Turbo
-[4]   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v
3   Juan Carlos Táboas Rodríguez Citroën AX Sport
4   José Viana Ferreira   Luisa Silva Renault 5 GT Turbo
5   José María Banga García Citroën AX Sport
6   Antonio Garrido   Fernando López Ford Sierra Cosworth
Abandonos
-   Arturo Rial   Mario Pazos Citroën AX Sport

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Con el Rally Recalvi, una prueba muy sencilla, se iniciará el día 31 en Vigo el campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de marzo de 1990. p. 41. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Jorge Pérez ganó el rally Recalvi y es el primer líder del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 1990. p. 66. 
  3. Arévalo, Fernando (31 de marzo de 1990). "Arturo Rial parte como favorito entre los 47 participantes". La Voz de Galicia (en castelán). p. 48. 
  4. Chegou á meta en terceira posición, pero o seu coche non estaba homologado polo que o seu tempo non contou na clasificación final

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
'
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1990
Sucesor:
Rally de Noia