Rally San Froilán de 2019

proba automobilística

O Rally San Froilán de 2019 foi a 41ª edición de dito rally e a sétima proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 26 de outubro de 2019 e o vencedor foi Alberto Meira.

Rally San Froilán de 2019
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónOuteiro de Rei
Friol
Meira
Pol
OrganizadorEscudería Miño
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos8
Distancia tramos91,73 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Alberto Meira
Equipo campiónGalicia Recalvi Team
Participantes
Pilotos129
AnteriorRally San Froilán de 2018
SeguinteRally San Froilán de 2020

Itinerario editar

Constou de oito treitos que sumaban un total de 91,73 km cronometrados e que discorreron polos concellos lucenses de Outeiro de Rei, Friol, Meira e Pol.[1][2]

Inscritos editar

Inscribíronse 129 equipos, aínda que coa ausencia de Víctor Senra, que tras proclamarse matematicamente vencedor do campionato no rally anterior decidiu non correr os rallys restantes. Así pois os favoritos para a vitoria eran Alberto Meira e Iago Caamaño, principais rivais de Senra durante a tempada, e Adrián Díaz, vencedor da proba en 2017. Destacaban tamén na lista de inscritos outros pilotos como Luis Vilariño, Tino Iglesias ou o campión do mundo de tríatlon Iván Raña.[3]

Resumo editar

Comezou liderando o rally Alberto Meira ao marcar o mellor tempo en tres dos catro treitos da mañá, en Outeiro de Rei e Friol, con Iago Caamaño gañando o terceiro treito e quedando de segundo nos demais. A diferenza entre os dous era de case cinco segundos e medio ao remate da sesión matinal.[4] Xa no primeiro treito da tarde, en Meira, a vantaxe de Alberto Meira aumentou a 13 segundos, e no seguinte tramo, a máis dun minuto, despois de que Caamaño sufrise problemas mecánicos, que finalmente o fixeron abandonar a proba.[5] Coa nova situación Meira baixou o ritmo para asegurar a vitoria e Adrián Díaz marcou o mellor tempo nos dous treitos finais, subindo finalmente ao podio en segunda posición, por diante de Alberto Otero.[6]

Coa vitoria neste rally Alberto Meira asegurouse a segunda praza do campionato galego.[7]

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 55:26.547
2   Adrián Díaz   Andrea Lamas Nissan Micra N5 Miño-Lugo 57:04.280
3   Alberto Otero   Jordan Vázquez Ford Fiesta N5 Dona Urraca 57:45.449
4   Francisco Dorado   Roi Torrente Peugeot 208 R5 Miño-Lugo 58:07.848
5   Manuel Sandamil   Adrián Varela Suzuki Swift R+N5 A Pontenova 59:13.035
6   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h00:18.541
7   Daniel Álvarez   Adrián Vázquez Peugeot 205 Rallye Galicia Motorsport 1h00:29.561
8   David Rivas   José Viéitez Citroën C2 RVS Motorsport 1h00:30.983
9   Óscar Veiga   Eloy Fernández Subaru Impreza WRX STI A Pontenova 1h02:36.614
10   Iván Raña   Diego Rodríguez Mitsubishi Lancer Evo IX PTC Escuela 1h02:37.071
11   Raúl Martínez   Óscar Martínez Citroën C2 GT Congostra Team Sanxenxo 1h03:07.681
12   Jorge García   Carmen Borrajo Peugeot 106 Kit Car T. Martínez Racing 1h04:04.796
13   Diego Vila   Álex Alonso Citroën Saxo VTS Dona Urraca 1h04:10.083
14   Sergio Otero   José Antonio González Peugeot 206 RC Surco 1h04:22.264
15   José Manuel Cabezas   Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h04:24.709
16   Aitor Pico   Manuel Fresco Peugeot 106 GTI Scratch Fene 1h04:33.329
17   Rubén López   Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 1h04:51.572
18   Albino López   Gabriel Bermúdez Ford Fiesta R2 Lalín Deza 1h04:53.896
19   Adrián Vázquez   Cristina Prieto Citroën C2 R2 Max Meira 1h05:09.541
20   Pablo Gómez   Ramón Piso BMW 318 Berberecho 1h05:17.572
21   Francisco Rodríguez   Estefanía Loureiro BMW 320 Siroco Narón 1h05:18.171
22   Miguel Ángel Caeiro   Alberto Alonso Peugeot 106 Cuntis V.T. 1h05:28.422
23   Manuel Trevín   Daniel Martínez BMW Compact Senra Sport 1h05:36.402
24   Fermín Sousa   Víctor Manuel González Renault 5 GT Turbo Carracedo Competición 1h05:56.295
25   Miguel Iglesias   Rubén Núñez Citroën Saxo Melide Motorsport 1h05:59.571
26   José Antonio Otero   Christopher Telmo Subaru Impreza WRX STI Congostra Team Sanxenxo 1h06:06.186
27   Pablo Blanco   Ian Quintana Peugeot 106 GTI Ourense 1h06:31.203
28   Adrián Torreiro   Iván Gómez Suzuki Swift Sport A Pontenova 1h06:52.597
29   Óscar Gallego   Mª Teresa López Suzuki Swift Sport Lalín Deza 1h06:59.361
30   Diego González   Diego García Citroën Saxo VTS Moeche 1h07:14.970
31   Rubén Puime   Ezequiel Salgueiro Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h07:21.326
32   Ángel Boullón   Manuel Míguez Peugeot 106 GTI Santiago 1h07:38.861
33   Pedro Reija   Natalia Aldeguinde Peugeot 306 GTI 16V Miño-Lugo 1h07:42.277
34   Álvaro Castro   Francisco Nieto Citroën Saxo VTS 16V Santiago 1h07:45.233
35   Brais García   Adrián Filgueira Citroën Saxo Berberecho 1h07:45.423
36   Mario Ríos   Rubén Carballo Seat Ibiza Galicia Motorsport 1h07:48.532
37   Daniel Gandoy   María Sueiras Peugeot 106 Siroco Narón 1h08:07.113
38   Mario Saa   Eloy Saa BMW 328i Miño-Lugo 1h08:19.056
39   Clemente Alves   José Luis Suárez Peugeot 206 Miño-Lugo 1h08:32.625
40   Javier Eiras   Sergio Iglesias Citroën Saxo Berberecho 1h08:43.417


Notas editar

  1. "41º Rally San Froilán 2019". GZRally (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  2. "Tramos, horarios y lista de inscritos Rallye San Froilán 2019". Pé á chapa racing (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  3. "Lista de inscritos San Froilán 2019" (PDF). GZRally. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  4. "Clasificación matinal San Froilán" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  5. "Alberto Meira domina en el Rallye San Froilán". El Progreso (en castelán). 26 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  6. "Alberto Meira, vencedor del Rali de San Froilán" (en castelán). 26 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  7. "Alberto Meira se impone en el San Froilán y zanja a su favor el subcampeonato" (en castelán). 29 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally Mariña Lucense