Raimundo Rodríguez Neira

xastre, músico e político galego

Raimundo Rodríguez Neira, nado na Coruña e finado en Marín o 14 de agosto de 1936, foi un xastre, músico e político galego.

Infotaula de personaRaimundo Rodríguez Neira
Biografía
NacementoA Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata
San Tomé de Piñeiro, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre , músico , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Músico que tocaba o bombardino na banda de música municipal de Pontevedra. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 13 de agosto dese ano Bruno Schweiger e mais un falanxista pontevedrés preséntáronse na rúa Don Filiberto buscándoo; como non se atopaba nesa casa, dirixíronse ao bar Capacho, onde residía. Raimundo negouse a subir ao coche e fuxiu, disparáronlle, pediu protección inutilmente a unha parella de gardas de asalto que facían garda en Correos. Tras ser detido e levado en coche, foi paseado na Cruz de Maceira (en San Tomé de Piñeiro, na estrada entre Marín e Moaña, case no límite administrativo entre os dous concellos), sitio habitual de actuación das patrullas represoras. O seu cadáver apareceu ao día seguinte en Marín cun tiro na caluga.

Vida persoal editar

Casou en Pontevedra con Aniceta Cabado en xaneiro de 1912.[1]

Notas editar

  1. El Progreso, 11-1-1912, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar