Raimundo López Pol

comerciante e político galego

Raimundo López Pol, nado en Santiago de Compostela en 1877 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1958,[1] foi un comerciante e político galego.

Infotaula de personaRaimundo López Pol
Biografía
Nacemento1877 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMercedes, Santiago, Manuel e Concepción

Traxectoria editar

Figura da artesanía compostelá, foi escultor na súa xuventude. Dedicouse ao comercio. Foi presidente do Centro Republicano compostelán durante a monarquía e concelleiro de Santiago de Compostela dende 1911. Foi elixido alcalde de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de abril de 1931. Militante da ORGA, en xullo de 1932 convocou unha asemblea de municipios de toda Galicia para a elaboración do proxecto de Estatuto de Galicia (1932). Foi cesado como alcalde en novembro de 1934.[2] Foi un dos fundadores do Partido Nacional Republicano do que foi elixido presidente do comité local de Santiago de Compostela en maio de 1935.[3] Nas eleccións de febreiro de 1936 concorreu na Candidatura Republicana de Centro e Coalición que encabezaba Manuel Iglesias Corral pero non foi elixido. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu multas e foi desterrado. Permaneceu tres anos en Cuba, retornando a Santiago de Compostela en xullo de 1939.[4] Xulgado o 8 de febreiro de 1940, foi condenado a seis meses de inhabilitación e sancionado cunha multa de 25.000 pesetas.

Vida persoal editar

Casou en 1900 con Concepción Garabal Sánchez,[5] que finou en 1928,[6] e foi pai de Mercedes, Santiago, Manuel (destacado pintor) e Concepción López Garabal.

Notas editar

  1. La Noche, 20-9-1958, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 19-11-1934, p. 1.
  3. El Compostelano, 10-5-1935, p. 2.
  4. El Compostelano, 24-7-1939, p. 2.
  5. Gaceta de Galicia, 16-5-1900, p. 2.
  6. El Compostelano, 27-4-1928, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Felipe Gil Casares
  
Alcalde de Santiago
 
1931 - 1934
Sucesor:
Francisco Vázquez Enríquez